O Concello de Pontecesures, en colaboración con Medio Rural e coa participación dos alumnos do cole, desenvolveron unha actividade de plantación de especies autóctonas no entorno do mirador do Galiñeiro.
Os alumnos de 5º e 6º estiveron acompañados dos seu profesores e da Concelleira de Medio Ambiente na plantación de 100 árbores co a poio de axentes e membros de brigadas forestais.
A actividade ten como obxectivo concienciar aos nenos na necesaria proteción do noso entorno e do medio ambiente e favorecer o contacto dos máis novos co entorno natural máis próximo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario