Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 27 de noviembre de 2024

25 N




O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, os rapaces do colexio quixeron exhibir toda a súa arte e tamén a súa solidariedade en forma de pulseiras.

Seguindo a proposta de Normalización, elaboraron os lemas máis solidarios e comprometidos e  plasmaronnos en pulseiras que serven para denunciar a violencia contra as mulleres e para soñar con que, co traballo de todos, chegue o momento no que este día teña que deixar de celebrarse.

"Quero respeto", "A violencia non arranxa nada", "A violencia non é solución", "Non á violencia" ou "Son eu quen decide a miña vida" son algúns dos lemas que puidemos ler nelas.

25 N

O alumnado de Educación Infantil gozou dunha actividade teatral da man do grupo Koremi, en colaboración con concello de Pontecesures, na biblioteca. Representaron diferentes oficios co fin de romper estereotipos, onde os asistentes levaron máis dunha sorpresa e pasaron algún que outro contratempo con estas peculiares visitas.

Actividade Infantil 25 N


Os alumnos de Secundaria tamén fixeron a súa protesta en inglés


Dende a biblioteca fíxose unha exposición de libros






No hay comentarios:

Publicar un comentario