O Equipo de
Convivencia do CPI de Pontecesures organizou este curso un concurso de carteis
baixo o lema "Un centro cheo de orgullo".
Con esta proposta,
quixeron sumarse todos á necesaria loita contra a homofobia.
Nos traballos
atopáronse debuxos e frases cargados de mensaxe.
Queremos que
saibades que tanto a participación como o nivel foron espectaculares.
E despois dunha
difícil deliberación, amosámosvos este vídeo no que se recollen os premiados.
Queremos
agradecer ás presentadoras e presentador do acto de Infantil e Primaria, así
como ás presentadoras do acto de Secundaria o seu bo facer nesta entrega de
premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario