Os
alumnos de 1º de Primaria traballaron sobre o camiño de Santiago e aquí
deixamos unha pequena escolma do seu traballo.
O venres 20 de maio os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha excursión a Santiago de Compostela onde, por unha xornada, se converteron en peregrinos e peregrinas. Fixeron un anaco do último tramo da ruta, percorrendo as rúas de Compostela, gozando das vistas ao revés da Catedral, realizando o rito de entrada da Porta Santa e, como non, contándolle todas as súas andanzas a Rosalía de Castro e Valle-Inclán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario