Tivemos un encontro con David, o profe de lingua e lengua no noso colexio.
Pero David non é só o profe do colexio senón que tamén é o autor de "Liña azul" e, este foi un dos libros elexidos no club de lectura este ano.
“Liña azul” é unha obra metaliteraria provocadora, que interroga, que propón incorporarnos ao mundo da escritura, percorrer as estacións da liña azul a velocidade de vertixe.
Unha novela con moito humor, con un detective torpe, que non sabe moi ben cal é o seu obxectivo e que se atopa desorientado no metro de Barcelona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario