O
vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs
de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura, que neste
curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de
ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de toda Galicia.
Os
Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que,
periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar
actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros
entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa
propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX
Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de
Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada
cunha intervención en formato entrevista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario