Para
papá e mamá:
Vós
queredes que aprenda a ler moi pronto e que me guste a lectura, porque sabedes
que esa é a base da aprendizaxe. Eu tamén quero que saibades que lendo xuntos
podemos transformar o salón nun misterioso Castelo, o corredor nun barco
pirata, ou a miña habitación nun gran bosque encantado…, pero necesito da vosa
axuda para poder converterme nun gran lector e lectora. Por iso:
- Gustaríame que dispuxérades dun tempo para ler conmigo todos os días, e que me animárades para que eu tivera tempo para ler en silencio, en solitario.
- Encántame escoitar a vosa voz. Contádeme lendas, contádeme contos, dicídeme adiviñas...
- Adoro os momentos nos que me escoitades cando vos conto historias dos libros que estou lendo.
- Levádeme ás librerías para mirar os libros de todo tipo e acompañademe as bibliotecas para participar nas actividades e para axudarme a seleccionar os libros que vou ler.
- Non vos esquezades de regalarme algún libro.
- E sobre todo, non deixedes as miñas dúbidas sen resposta.
GRAZAS mamá! GRAZAS papá!.............
POR LERNOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario