O alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal de Pontecesures para gozar coa primeira das actividades do programa Ler conta moito programadas para este ano: "Historias dun mundo grande" da compañía "Bandullo Azul".
En Historias dun mundo grande,  a narradora chámase Becki, que fala a través da voz de Fran Ameixeiras.
Becki ten unha biblioteca, onde pasa tempo e tempo a ler e escribir.
Cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas  viaxes polo mundo.
Estas historias serven de desculpa para cantar e bailar celebrando o respecto e a felicidade, xa que todas as historias que Becki nos conta falan da colaboración e da solidariedade entre as persoas.

Despois, de volta á clase, o alumnado gozou unha vez máis elaborou as súas propias historias dun mundo grande...




 
No hay comentarios:
Publicar un comentario