Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 3 de abril de 2025

Prevención do acoso escolar

 A pasada semana o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º cursos de Primaria asistiu a unha charla expositiva e participativa arredor da Prevención do Acoso Escolar organizada polo Equipo de Orientación do noso Centro.
Carla, psicóloga da Fundación Amigos de Galicia de Vilagarcía de Arousa, conduciunos ao longo das tres actividades.

A primeira dinámica consistiu en identificar a persoa acosada cun papel. A partir dese punto, insultárono, dixéronlle cousas desagradables, chamáronlle nomes... todo co obxectivo de ferir a persoa que o papel representa, mentres o enrugaron ata facer con el unha bóla. Despois, como para desfacer o mal que lle fixeron, adícaronlle bonitas palabras, alisárono con moito cariño... pero comprobaron que o papel nunca recupera a forma inicial, do mesmo xeito que o ánimo da persoa acosada nunca sana completamente do dano que lle fan, sempre lle queda algunha enruga.

 A segunda dinámica consistiu en escribir sobre eles mesmos, que lles gusta deles, e facer un debuxo sobre eles.

 Na terceira, reflexionaron sobre cal foi a súa vivencia co acoso, en relación a se presenciaron ou realizaron acoso a outras persoas e como viviron esa experiencia.

 

Prevención do acoso escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario