Este ano tivemos diversas actividades para festexar a Rosalía
ROSALÍA CON ACENTO FRANCÉS
O alumnado de francés de 3º e 4º de ESO fixo unha pequena homenaxe. O alumnado de terceiro redactou poemas en francés sobre a nosa terra e a natureza, en forma de caligrama. O alumnado de 4º de ESO pola súa banda, redactou unha pequena biografía da autora. A semana de Rosalía estiveron os traballos expostos na porta da aula de francés.
A rapazada de 1° de ESO plantou o noso xardín de pensamentos adicado a Rosalía.
O alumnado de Infantil e Primaria traballou coa poesía "O moucho"
O alumnado de Primaria desenvolveu a actividade Ilustramos Poemas, compoñendo ilustracións a partir do poema que leron na aula.

No hay comentarios:
Publicar un comentario