Un ano máis celebramos o día da PAZ con diversas actividades que organizaron o Equipo de Convivencia e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares .
O alumnado de 6º e de 2º ESO tiveron cadanseu taller de ecopercusión na biblioteca para logo mostrarlle ao resto de compañeiros do seu nivel o aprendido.
Durante o seu primeiro recreo, o alumnado de E.S.O. gozou dunha chocolatada.
A chocolatada tivo un cartel anunciador que foi elexido de entre todos os carteis presentados polos alumnos de Primaria participantes no concurso organizado.
E o cartel gañador foi o de Lucía de 4º de Primaria.

Para rematar a xornada, celebrouse cadanseu Acto de lectura do Manifesto a prol da Paz, coas actuacións dos grupos que asistiron aos obradoiros de ecopercusión: en primeiro lugar celebrouse o correspondente a Infantil e Primaria e posteriormente o de Secundaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario