Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 13 de septiembre de 2023

Curso novo: Proxecto Medio ambiente

 Comenzamos un novo curso, o 2023-2024 cheo de ilusións e  proxectos e o de este ano é o Medio Ambiente.

Actualmente son moitos os problemas ambientais aos que nos enfrentamos e, moi seguramente, irán a máis si non poñemos remedio. Por esta razón é moi importante a concienciación da sociedade, pero cómo pode lograrse?.

Unha forma de intervir é mediante a educación ambiental.

A educación ambiental é o proceso a través do cal se educa á sociedade para que tome conciencia sobre a realidade global do planeta, sobre a relación do ser humano entre sí e coa naturaleza e dos problemas que aparezan desta relación e as súas consecuencias, así como as causas que levan a eles.

A educación ambiental ten o poder de aumentar a conciencia e o coñecemento sobre as temáticas e/ou problemas ambientales, e ao facelo, dalle ferramentas aos alumnos para tomar decisións informadas e medidas responsables.

Ademáis de ensinar e sensibilizar sobre a importancia do medio ambiente, buscaremos crear valores e actitudes que promovan a utilización de forma racional dos recursos naturais e a solución aos numerosos problemas ambientais que se producen.

As actividades que se propoñan adaptaranse aos distintos niveis que hai no noso Centro: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O punto será buscar un eixo atractivo co que se poida traballar nesas idades e desde os distintos ámbitos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario