Esta semana conmemoramos a Semana das Letras Galegas. Esta edición, a número 60, conmemora a figura de Francisco Fernández del Riego, que, curiosamente, foi un dos impulsores da conmemoración que resaltase a figura das persoas que traballaron en prol da dinamización da cultura galega.
No centro, desde Nonrmalización, estiveron traballando co material do Seminario Galán, nos diferentes cursos. Coa axuda de Lucía e Tomás, percorreron o centro para ver que aprenderon os nenos de cada curso.
Desfrutamos dun gran concerto.
As diferentes clase de Infantil e Primaria homenaxearon a diversos autores que xa foron homenaxeados en pasadas edicións, a través das súas obras, que acompañaron tamén cunha gran interpretación musical.
As alumnas de 5º e 6º de Primaria mostráronos diversas figuras de ximnasia acrobática, acrosport.
O alumnado da ESO tamén contou cun concerto de Malabesta, na xornada da tarde, ademais dunha participación do alumnado de 2º no concerto de Infantil e Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario