Xa pasou unha semana, desde que se publicaron os videos do alumnado do noso centro recitando a Rosalía, para celebrar o seu día, para chegar a todos os recunchos onde haxa un amigo da nosa lingua.
Unha semana, son sete días, case nada, un periodo de tempo curto, pero neste caso, intenso e frutífero.
Durante esta tempada puidemos compartir, expandir, espallar, difundir e sobre todo, recrearnos e deleitarnos coas fermosas poesías de Rosalía, nas voces do alumnado do CPI PONTECESURES, desde os 3 anos ata a ESO.
Ollando a convocatoria deste reto podemos concluír que grazas ao voso empeño e colaboración, proclamamos o RETO CONSEGUIDO.
RETO ACADADO, por todos. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, están orgullosos de todos vós e das vosas familias pola súa implicación nesta proposta, entre todos fixestes rexurdir a Rosalía, a nosa cultura e a nosa lingua.
Nesta empresa na que todos vos comprometestes, gañamos todos, gaña Rosalía e gaña a nosa lingua, que ao fin e ao cabo é o máis importante.
NORABOA A TODOS!
O GALEGO DI:"GRACIÑAS por coidarme, mimarme e falarme.”
Agora imos ver as estatísticas da canle de youtube:
Desde o 19 ata o 26 de febreiro a canle do EDLG de Pontecesures recibiu en total 22.377 visualizacións.
Gañadores por categorías:
Infantil: Laura (3 anos) 1.066 visualizacións.
Primaria: Juan e Mateo (1º e 3º) 4.052 visualizacións.
Secundaria: Uxía (1º ESO) 270 visualizacións.
NORABOA A TODOS!
Agardámosvos en vindeiros retos!
Seguide así de espléndidos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario