Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 13 de marzo de 2020

Andrea Maceiras


O xoves 12 de marzo visitou o noso centro a escritora Andrea Maceiras. O encontró foi moi especial xa que comezou por amosarnos nunha presentación a información que a levou a crear Galaxia de Oma da súa novela “Conta nove estrelas”.
Estrelas, galaxias, nebulosas, planetas, descubridores, científicos…todo coñecementos importantes para ela que a levaron a facer a fantástica obra que o alumnado de 5º e 6º de Primaria gozou lendo neste segundo trimestre.
Moitas gracias a Andrea por transmitirnos tanto saber en apenas unha hora e contestar a todas as nosas dúbidas e inquedanzas sobre esta e outras obras da súa autoría.



Visita de Andrea Maceiras

No hay comentarios:

Publicar un comentario