Un ano máis a Biblioteca e o ENDL do CPI de Pontecesures anímanvos a
que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da
participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín,
unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na
noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes
1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán
redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de
misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
a) Infantil
b) 1º ciclo:
c) 2º ciclo
d) 3º ciclo
e) ESO
f) Modalidade de participación audiovisual, cunha
curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A participación de infantil e 1º ciclo de
primaria poderá ser cun relato breve, unha videocreación ou a través de
narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en
galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios
por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o
profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de
cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do xoves 20 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por
profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7. O fallo do xurado farase público en cadanseu
acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria do
día 28 de outubro ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o
consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de
normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario