O alumnado do ENDL do CPI de Pontecesures decidiu participar nun obradoiro de graffiti impartido por dous membros de Mutante Creativo, deixando a súa pegada nunha das paredes da Biblioteca, a que da ao patio de infantil. As tres mascotas do centro reunidas: Xirilé, do Equipo de Biblioteca, Cesurín, do Equipo de Actividades Deportivas e o trasno paroleiro de Normalización Lingüística. Deixannos unha mensaxe de ánimo para que nos sumemos a un maior emprego da nosa lingua día a día. Tedes máis no seguinte enlace Mascotas
No hay comentarios:
Publicar un comentario