Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 14 de abril de 2026

Las cosas de Berta

Os alumnos de 4º de Primaria leron durante as vacacións de Semana Santa Las cosas de Berta e fixeron as súas recomendacións.


 

martes, 7 de abril de 2026

miércoles, 1 de abril de 2026

Día das Artes Galegas

Co gallo da conmemoración o 1 de abril do Día das Artes Galegas -dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez- o EDLG do CPI de Pontecesures convoca un concurso de marcapáxinas conforme as seguintes BASES: 

1. Pode participar calquera alumno ou alumna do CPI de Pontecesures.

2. Os traballos presentados terán como temática a vida ou a obra de José Suárez.

3. O marcapáxinas debe ser rectangular e posuír un formato aproximado de 1:3 (a recomendación é realizar a composición nun A4 partido á metade, de xeito que ocupe 105 mm x 297 mm).

4. A técnica é libre (lapis, ceras, acuarela, témpera, colaxe...) sempre que se trate dunha técnica manual (non serán admitidos os traballos elaborados por computador nin fotografías).

5. A persoa que presenta o traballo debe indicar o seu nome e o curso ao que pertence na parte posterior do traballo.

6. O último día para entregar os traballos é o xoves 23 de abril de 2026, Día do Libro.

7. A entrega pode realizarse a través do titor ou da titora, do profesor ou da profesora da materia correspondente ou directamente, en persoa, ao coordinador do EDLG.


 

viernes, 27 de marzo de 2026

Visita ao Galiñeiro

Os alumnos de primeiro e segundo de primaria tiveron no día de onte unha saída ao Monte Galiñeiro para plantar castiñeiros 🌳


 

miércoles, 25 de marzo de 2026

Fai viral a poesía!!! Fase de votacións.

Segundo as bases publicadas, ás 21:00 do Día da Poesía, acabou o prazo para remitir os vosos vídeos e participar na terceira edición de Fai Viral a Poesía!!!
Aquí podedes ver as propostas presentadas, facendo viral a poesía no seu día, como corresponde!
De entre as propostas presentadas, chega a hora de elexir gañador.

Animádevos e votade!!!!

1. O río 

2. Alborada

 

3. Adiós ríos, adiós fontes

4. Os paxariños


5. Castellanos de Castilla

6.Como chove miudíño


7. O cuco larpeiro



8. O meu soño
 

9.Teño de mercar o mundo

10.A estrela sen nome

 

 11. Campanas de Bastavales

 

12.Adiós ríos, adiós fontes


lunes, 16 de marzo de 2026

Fai viral a poesía

Un ano máis, está aberto o prazo para remitir o voso poema en lingua galega e participar no concurso do Equipo de Normalización.
Podes consultar aquí as bases pero non te olvides de envíalo antes do 21 de marzo.















 

lunes, 9 de marzo de 2026

Tadahico Horiguchi

 A raíz da exposición que tivo lugar no Pazo de Fonseca en Compostela, dende o pasado curso, e acompañados pola música da pianista Mine Kawakami, o alumnado de segundo de Primaria está descubrindo e reinterpretando a obra do pintor xaponés Tadahiko Horiguchi.