Nova andaina
lunes, 16 de marzo de 2026
Fai viral a poesía
lunes, 9 de marzo de 2026
Tadahico Horiguchi
A raíz da exposición que tivo lugar no Pazo de Fonseca en Compostela, dende o pasado curso, e acompañados pola música da pianista Mine Kawakami, o alumnado de segundo de Primaria está descubrindo e reinterpretando a obra do pintor xaponés Tadahiko Horiguchi.
sábado, 7 de marzo de 2026
8M
Na biblioteca fixemos unha pequena exposición de lecturas recomendadas.
O alumnado de 1º de Primaria fixo na aula unha exposición sobre mulleres importantes e despois decoraron as súas lentes moradas.
A Banda no rock
Os alumnos de ESO foron de concerto a Santiago a ver "A Banda no Rock" coa Banda Municipal de Santiago e os actores Josito Porto e Cris Collado.
viernes, 6 de marzo de 2026
Conversa con Noa na radio
Hoxe inauguramos a Radio Escolar de man dunha convidada de luxo. Coincidindo co 8M visitounos Noa García, futbolista de As Celtas.
Noa foi alumna do noso cole fai poucos anos pero xa atesoura unha exitosa carreira como deportista.
Para as nenas e nenos de terceiro foi unha honra poder entrevistala e compartir con ela esta xornada.
Moitas grazas, Noa!
jueves, 5 de marzo de 2026
Encontros PLAMBE 2026
Un membro do noso equipo de biblioteca asisteu aos encontros celebrados este ano no Pazo de Congresos.
Sempre formándonos!!!!
martes, 3 de marzo de 2026
II Feira de Orientación
Os alumnos de 4º de ESO acompañados polo seu titor e a orientadora do centro acudiron ao IES macías o Namorado á II Feira de Orientación Acacémica e Profesional.
Na Feira instaláronse vintedúas mesas e stands nos que as familias profesionais de FP ofrecían información sobre os ciclos de Administración e Xestión e Electricidade e Electrónica do IES Macías o Namorado, ciclos de Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento e de Agroxardinaría do IES de Valga; Ciclos de Edificación e obra civil e ciclos de Industrias alimentarias do CIFP de Coroso e Ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Félix Muriel de Rianxo.
Tamén se ofreceu orientación académica dos diferentes estudos universitarios e información sobre as actividades dos diferentes servizos públicos e dos corpos de seguridade e defensa.
viernes, 27 de febrero de 2026
Incendios/Contralumes
Teatro en Vigo
Os alumnos de ESO acompañados por varios profesores foron durante toda a mañá a Vigo.
Alí tiveron a ocasión de ver a obra teatral "Romeo e Julieta" proposta polo departamento de inglés.
Completaron a xornada coa visita ao parque de O Castro onde realizaron unha xincana por grupos.
jueves, 26 de febrero de 2026
Xogade
Os alumnos de Primaria do CPI Progreso de Catoria acercáronse ao noso cole esta mañá participar no programa Xogade.
miércoles, 25 de febrero de 2026
Mochila viaxeira en 2º de Primaria
A mochila viaxeira este curso en 2º de Primaria non ten descanso.....
martes, 24 de febrero de 2026
Rosalía 2026
Como cada ano celebramos o día de Rosalía con diferentes actos.
O alumnado de Infantil e Primaria realizou un collage de Rosalía con materiais reciclados
Os alumnos da ESO fixeron o xadín adicado á nosa poetisa
O alumnado de segundo visita a escola infantil para celebrar o día de Rosalía cos pequeniños.
viernes, 20 de febrero de 2026
A Candeloria
sábado, 14 de febrero de 2026
Entroido de Pontecesures
E un ano máis e chegou o Entroido.
Pero este foi un Entroido especial xa que había que celebrar o centenario do noso pobo.
Caramelos, piragüistas, peregrinos, valeiros, as festas de Porto, vendedores da praza, os equipos de fútbol e casa Castaño foron os disfraces participantes....unha ampla representación das actividades e da xente do noso pobo.
miércoles, 11 de febrero de 2026
II Concurso de células comestibles
martes, 10 de febrero de 2026
Charlas do Plan director
Hoxe os alumnos de 4º de ESO asistiron a unha das charlas do Plan Director que imparten os membros da Garda Civil.
A de hoxe tratou sobre alcohol e drogas e as súas consecuencias.
lunes, 9 de febrero de 2026
viernes, 6 de febrero de 2026
jueves, 5 de febrero de 2026
Cartas desde a fronte
Estas últimas semanas o alumnado de 4º da ESO púxose na pel dun soldado da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Intentaron así compartir como houbo de ser o medo e as intensas emocións ao recibir a orde de saír das trincheiras e de avanzar para atacar e bater contra o exército inimigo.
A maioría elixiu deixar constancia da súa experiencia, das condicións de vida nas trincheiras enlamadas das frontes da Gran Guerra e do pavor ante unha morte case segura, enviándolle cartas de despedida aos seus seres queridos. Houbo tamén quen nos legou o seu testemuño ficticio a través dun diario de guerra ou por medio das notas biográficas que algún soldado anónimo podería ter escrito nalgún pequeno caderniño para matar o tempo, pensando en que alguén o atoparía no peto do seu uniforme despois de caer en combate.
Unha actividade perfecta para coñecer o valor da paz e reflexionar sobre a irracionalidade dos conflitos bélicos.
sábado, 31 de enero de 2026
Día da Paz
Un ano máis celebramos o día da Paz con diversas actividades:
Tivemos unha exposición de libros na biblioteca
A mañá empezou cunha chocolatada
Logo tivemos o acto en sí no ximnasio, coa lectura do manifesto, a actuación dos alumnos que participaron no taller de voces africanas de Diana Tarín e rematamos cantando todos Fabricando luz da Banda da Loba.
martes, 27 de enero de 2026
jueves, 22 de enero de 2026
Supermercado de diptongos e hiatos
Os alumnos de Primaria os días que chove teñen unha orixinal forma de pasar o tempo de recreo.
Como se poden quedar nas aulas pero sin saír ao pasillo....idearon unha maneira de saía a airearse indo de compras a un supermercado especial, un que ten hiatos, diptongos, palabras....
Desta maneira aprenden xogando cousas de lingua e lengua e aprenden a manexar os cartos.
sábado, 17 de enero de 2026
Concurso de Videopoemas sobre Rosalía e Manuel María





.jpeg)
.jpeg)
_page-0001%20(1).jpg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)







.jpeg)

.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
-%5BA3%5D%20LowRes-1_page-0001(1).jpg)
.jpeg)











