Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 27 de febrero de 2026

Incendios/Contralumes

Nestes días, o alumnado de Primaria visitou a exposición "Arte Postal" que está no Concello de Pontecesures ata o día 13 de marzo.
Foi moi ilusionante ver os nosos traballos xunto aos doutros nenos, nenas e artistas doutros lugares do mundo.
Reflexionamos sobre o gran problema que supoñen os lumes para o noso territorio da man de Lois Gil Magariños, o responsable da exposición e deste proxecto tan chulo.
Tralas visitas tivemos a sorte de conversar cos axentes forestais do noso distrito.



 

Teatro en Vigo

Os alumnos de ESO acompañados por varios profesores foron durante toda a mañá a Vigo.

Alí tiveron a ocasión de ver a obra teatral "Romeo e Julieta" proposta polo departamento de inglés.

Completaron a xornada coa visita ao parque de O Castro onde realizaron unha xincana por grupos. 


 

jueves, 26 de febrero de 2026

Xogade

 Os alumnos de Primaria do CPI Progreso de Catoria acercáronse ao noso cole esta mañá participar no programa Xogade.


miércoles, 25 de febrero de 2026

Mochila viaxeira en 2º de Primaria

 A mochila viaxeira este curso en 2º de Primaria non ten descanso.....




Aos alumnos e ás  familias encantanlles os libros de cociña e que mellor maneira de demostralo compartindo un tartaletas con fresa con toda a clase


martes, 24 de febrero de 2026

Rosalía 2026

Como cada ano celebramos o día de Rosalía con diferentes actos.

O alumnado de Infantil e Primaria realizou un collage de Rosalía con materiais reciclados



Os alumnos da ESO fixeron o xadín adicado á nosa poetisa



Dende Normalización propuxeron  o Concurso de Creación Plástica Imaxina Rosalía para os alumnos de ESO

E a gañadora foi Emily de 3º de ESO




O alumnado de Infantil e Primaria desenvolveron aa actividade 'Ilustramos Poemas'.
En cada aula leron un poema de Rosalía e, a continuación elaboraron a súa propia ilustración.



O alumnado de segundo visita a escola infantil para celebrar o día de Rosalía cos pequeniños.





viernes, 20 de febrero de 2026

A Candeloria

Os alumnos de 1º de Primaria estiveron descubrindo e investigando sobre diferentes tipos de aves xa que celebraron a Candeloria.

"Pola Candeloria, casan os paxariños e maila galiñola"



 

sábado, 14 de febrero de 2026

Entroido de Pontecesures

 E un ano máis e chegou o Entroido. 

Pero este foi un Entroido especial xa que había que celebrar o centenario do noso pobo.

Caramelos, piragüistas, peregrinos, valeiros, as festas de Porto, vendedores da praza, os equipos de fútbol e casa Castaño foron os disfraces participantes....unha ampla representación das actividades e da xente do noso pobo.


 






miércoles, 11 de febrero de 2026

II Concurso de células comestibles

O departamento de Ciencias convocou entre o alumnado de Bioloxía de 1º de ESO un concurso de Células comestibles que está exposta no laboratorio.
A creatividade, a cociña e a ciencia unidas.


 

martes, 10 de febrero de 2026

Charlas do Plan director

 Hoxe os alumnos de 4º de ESO asistiron a unha  das charlas do Plan Director que imparten os membros da Garda Civil.

A de hoxe tratou sobre alcohol e drogas e as súas consecuencias.


 

viernes, 6 de febrero de 2026

Comandas do Meco

 O Meco xa anunciou as súas comandas para entroidar durante a vindeira semana.

Estade atentos!!!!!!!!  

 
 
 
 
 




jueves, 5 de febrero de 2026

Cartas desde a fronte


 

Estas últimas semanas o alumnado de 4º da ESO púxose na pel dun soldado da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Intentaron así compartir como houbo de ser o medo e as intensas emocións ao recibir a orde de saír das trincheiras e de avanzar para atacar e bater contra o exército inimigo.

A maioría elixiu deixar constancia da súa experiencia, das condicións de vida nas trincheiras enlamadas das frontes da Gran Guerra e do pavor ante unha morte case segura, enviándolle cartas de despedida aos seus seres queridos. Houbo tamén quen nos legou o seu testemuño ficticio a través dun diario de guerra ou por medio das notas biográficas que algún soldado anónimo podería ter escrito nalgún pequeno caderniño para matar o tempo, pensando en que alguén o atoparía no peto do seu uniforme despois de caer en combate.

Unha actividade perfecta para coñecer o valor da paz e reflexionar sobre a irracionalidade dos conflitos bélicos.