Luis e Sabela de 1º de ESO foron á aula de 1º de Primaria na hora de ler para lerlle aos alumnos "El lobo que quiso cambiar de color"
Nova andaina
sábado, 9 de noviembre de 2024
viernes, 8 de noviembre de 2024
Obradoiro de activismo medioambiental
Hoxe pola mañá, o alumnado de 4º de ESO desprazouse até a praza de abastos para participar nun obradoiro de activismo medioambiental.
A actividade consistiu nunha manifestación de protesta contra a contaminación do río Ulla, nunha performance na que algúns dos participantes interpretaban o papel do río e outros de ameazas, na escritura no chan das palabras ULLA LIMPO utilizando lixo e na realización de entrevistas a veciños para coñecer a súa opinión sobre a intervención artística realizada e sobre estado do río, á parte de facer unha pequena sondaxe sobre o grao de participación na recollida selectiva de residuos pola súa parte.
jueves, 7 de noviembre de 2024
Mochila viaxeira en camiño
Un curso máis as mochilas viaxeiras empezan o seu camiño e os primeiros en poñela en marcha foron os alumnos de 1º de Primaria.
Voa viaxe e disfrutade de todo o seu contido!!!!
miércoles, 6 de noviembre de 2024
Lecturas compartidas
martes, 5 de noviembre de 2024
Está de medo!!! concluído o prazo, o xurado delibera
Despois de dúas prórrogas debidas a imprevistos sucesivos, hoxe terminou o prazo para entregar ou expor nos corredores do Centro as propostas para a 3ª edición do concurso de portadas de relatos e libros de terror "Está de medo!!!"
Aínda non podemos decirvos cales son as propostas gañadoras, xa que non o sabemos, pero si mostrarvos algunhas das presentadas.
Estarán as gañadoras entre elas??
Expoñémolas agrupadas en Infantil, Primaria e Secundaria.