Nova andaina
martes, 22 de diciembre de 2020
Un festival distinto: O crebanoces
Ante a imposibilidade de reunirnos todos os cursos para celebrar o Festival de Nadal como nos cursos pasados, a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi a gravación dun conto musicado: O Crebanoces, contando con todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
A
música que soa pertence ao ballet de Chaivkosky, que a súa vez se basea nun
conto de Hoffman ambientado na Noite de Nadal, de aí esta elección.
Agradecer
a colaboración da teacher Ana e Lindsay na realización de todas as manualidades
para a posta en escea.
Ademais,
esta actividade interdisciplinar está directamente vinculada co proxecto anual
elixido para o PLAMBE que leva por título "A música no cine".
Agardamos
que vos guste e noraboa a todas e todos os artistas participantes!
miércoles, 16 de diciembre de 2020
martes, 15 de diciembre de 2020
Esperando o Nadal
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto coas
súas familias, colaboraron coa mestra Guada para amosarnos a ilusión coa que
están a esperar o Nadal. Esperamos que vós teñades as mesmas ganas de gozar
destas festas.
jueves, 10 de diciembre de 2020
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Despedindo o outono
A piques de cambiar de estación o alumnado de Educación Infantil quixo darlle unha magnífica despedida. Aí van os traballos deste alumnado que, xunto coas súas familias, traballou duramente para poder facer este peche de estación.
Felicitacións aos artistas
jueves, 3 de diciembre de 2020
Día da discapacidade
sábado, 28 de noviembre de 2020
Rosa caramelo
Na aula de 3° 'sonorizaron' o conto de Rosa
caramelo, imaxinando os efectos sonoros para acompañar a narración.
Tras coñecer o conto, e coincidindo coa
conmemoración do 25N, aproveitaron para reflexionar sobre os diferentes tipos
de violencias e dicir NON á VIOLENCIA
CONTRA AS MULLERES.
jueves, 26 de noviembre de 2020
Día contra a violencia de xénero
Un ano máis celebramos o día conta a violencia de xénero no colexio
Os alumnos de 2º de Primaria logo de traballar na aula sobre a violencia de xénero, falar, comentar, facer slogans, ver vídeos, etc... floreceu o seu espíritu emprendedor e acordaron que farían unha manifestación para a cal fixeron pancartas nos recreos.
O día 25 sairon ao patio antes do resto dos grupos para recibilos coa manifestación
Tamén se colocaron carteis nas fiestras das aulas
E repartíronse mascarillas entre o alumnado e o profesorado.
viernes, 20 de noviembre de 2020
Día Universal da infancia
miércoles, 18 de noviembre de 2020
Contaba a miña avoa que...
Os alumnos de 6º de Primaria foron á biblioteca municipal con todas as medidas de seguridade a escoitar a Fátima Fernández no Ler conta moito. Contaba miña avoa que...son contos da nosa tradición oral nas que as mulleres son as protagonistas, relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura. Historias contadas por avoas para nenas e nenos, nos que se demostra como debemos superar as desigualdades.
jueves, 12 de noviembre de 2020
O sonho da Caterina
Coincidindo
coa celebración do Día das Letras Galegas 2020 atrasada, realizouse en cada aula un vídeo
musical (tipo musicograma) dunha canción d’A banda da Loba, baseada nun dos
poemas de Ricardo Carvalho Calero: “O sonho da Catarina”.
Os obxectivos principais da actividade foron:
Dar a coñecer a figura de Carvalho Calero entre o alumnado, presentando o reintegracionismo.
Analizar
a letra do tema e o poema orixinal de Carvalho Calero
Traballar
cuestións formais e rítmicas
Comezar
a traballar coa Aula Virtual e co GIMP para mellorar a competencia dixital do
alumnado.
Mais, por medio deste pequeno proxecto comenzaron a reflexionar sobre cuestións directamente relacionadas co mundo do audiovisual, que lles servirían de base nos trimestres posteriores, ao ter que elaborar un guión do vídeo, tendo en conta a letra e a música, as diferentes partes, os versos, o ritmo, os cambios de intensidade…
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Magosto
viernes, 6 de noviembre de 2020
domingo, 1 de noviembre de 2020
Concurso do Samaín
Chegou o día...aquí están as obras e os seus creadores...Un samaín diferente, pero con esencia galega
Desde
o EDLG e da Biblioteca queremos agradecer tanto ao profesorado como ao alumnado
a colaboración e participación neste certame. Este curso houbo moitos e
excelentes traballos, puidemos comprobar que sodes grandes artistas e fabulosos
escritores, agardámosvos para o vindeiro curso, con máis e mellores propostas.
A
continuación, expoñemos as fotografías dos autores dos traballos premiados, das
súas obras e os audios dos relatos orais.
Audios dos relatos :
Primaria
O monte no 31 de outubro. Relato de L T C 5º EP
ESO
Tamén podedes
desfrutar dos vídeos elaborados polo equipo de extraescolares coas fotos das
cabazas que enviou o alumnado.
domingo, 25 de octubre de 2020
Pitusiña
Os alumnos de 1º de Primaria foron á biblioteca municipal dentro do programa Ler conta moito a ver Pitusiña e celebrar o día das bibliotecas.
Pitusiña é unha nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. “Fala ben, así non se di...” está farta de que sempre lle digan cousas que non entende e decide facer unha viaxe no tempo pola nosa historia onde descubrirá personaxes moi interensantes que lle farán comprender o porqué de moitas cousas.
viernes, 23 de octubre de 2020
Contacontos Dada o Duende
Os alumnos de 2º de Primaria foron á biblioteca municipal a unha sesión do ler conta moito.
Nela, Duende Dada deleitounos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballaron diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.
miércoles, 14 de octubre de 2020
Rescate na biblioteca
Os alumnos de 4º de Primaria foron á biblioteca municipal a unha sesión do Ler conta moito.
Nela, mediante un xogo de pistas aprenderon como funciona a súa biblioteca municipal: onde atopar os diferntes xéneros, que facer se non se sabe onde está un libro, para que serve unha bibliotecaria...porque as bibliotecas están sempre aí, pero...conecémolas realmente?
Logo foron ver o mural do tren de Varela
sábado, 10 de octubre de 2020
Experimentos científico-artísticos
Os alumnos de 5º de Primaria foron á biblioteca municipal a unha sesión do Ler conta moito.
Nela, os participantes puideron visualizar e facer a sùa propia pila con 3 limóns, obter un perfume a través da extracción dos aceites esenciais de plantas aromáticas cun alambique e comprender o significado da tensión superficial dos líquidos a través da pintura, dos globos e da arte de crear e experimentar.
martes, 6 de octubre de 2020
domingo, 4 de octubre de 2020
Os Bolechas chaman ao 112
O venres viñeron os
Bolechas ao colexio para explicarlle aos rapaces de 2º de Primaria como
identificar emerxencias e coñecer a maneira de actuar.
Unha actividade dinámica e moi instructiva.
sábado, 3 de octubre de 2020
VIII Certame do Samaín
Un ano máis, o EDLG e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis fascinantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As bases que rexerán o concurso son as seguintes:
1. Os relatos orais ou escritos, cómics
e debuxos , serán orixinais e inéditos, estarán en lingua galega.
2. Temática: “O Samaín é o fío conductor
e o límite a túa imaxinación.”
3. Haberá premios por categorías:
- Arte: Debuxo e cómic.
- Lingua: Relato oral e/ou escrito.
4. Os traballos serán individuais,
deberán levar nome e curso do autor.
5. Os relatos e cómics terán unha
extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
Na modalidade de relato oral, a gravación terá unha duración mínima de 2
minutos e un máximo 3.
Os debuxos deben levar o lema “ Samaín medo sen fin”
6. Cada titor/a de infantil e primaria e
o profesorado de Lingua Galega e de Plástica da ESO seleccionará o mellor
traballo de cada aula e entregarallos á coordinadora do EDLG antes do
venres 23 de outubro.
7. O xurado do certame estará integrado
por profesorado colaborador do EDLG e da Biblioteca.
8. O fallo do xurado farase
público a traves do blog de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca. O
venres 30 de outubro, os membros do equipo farán entrega dos
premios aos gañadores.
9. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs do EDLG, https://trasnoparoleiro.blogspot.com e da biblioteca http://bibliocesures.blogspot.com.
10. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
AGARDAMOS POLAS CREACIÓNS DE TODO O ALUMNADO DO NOSO CENTRO.
SABEMOS QUE SODES UNS FANTÁSTICXS ARTISTAS E FABULOSXS
CONTADORXS DE HISTORIAS!