Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
jueves, 30 de junio de 2016
martes, 28 de junio de 2016
Roteiro de fin de curso a Valga
Para
celebrar o día de remate das clases fixemos un roteiro ata a área recreativa de
Valga, onde nos agasallaron algúns membros da A. C. Xarandeira cunha actuación
de música e baile tradicional. Tamén puidemos desfrutar dun baño no río Valga e
dunha comida campestre. Despedímonos por este curso, pasádeo moi ben durante o
verán e collede moitos folgos para o novo ano!
miércoles, 22 de junio de 2016
Carta dun neno e dunha nena para animar á lectura
Para
papá e mamá:
Vós
queredes que aprenda a ler moi pronto e que me guste a lectura, porque sabedes
que esa é a base da aprendizaxe. Eu tamén quero que saibades que lendo xuntos
podemos transformar o salón nun misterioso Castelo, o corredor nun barco
pirata, ou a miña habitación nun gran bosque encantado…, pero necesito da vosa
axuda para poder converterme nun gran lector e lectora. Por iso:
- Gustaríame que dispuxérades dun tempo para ler conmigo todos os días, e que me animárades para que eu tivera tempo para ler en silencio, en solitario.
- Encántame escoitar a vosa voz. Contádeme lendas, contádeme contos, dicídeme adiviñas...
- Adoro os momentos nos que me escoitades cando vos conto historias dos libros que estou lendo.
- Levádeme ás librerías para mirar os libros de todo tipo e acompañademe as bibliotecas para participar nas actividades e para axudarme a seleccionar os libros que vou ler.
- Non vos esquezades de regalarme algún libro.
- E sobre todo, non deixedes as miñas dúbidas sen resposta.
GRAZAS mamá! GRAZAS papá!.............
POR LERNOS
viernes, 17 de junio de 2016
jueves, 16 de junio de 2016
Visita a Marcelle de 3º e 4º de E. Primaria
Os
alumnos de 3º e 4º de E. Primaria do CPI de Pontecesures foron de excurción de
fin de curso a Marcelle acompañados dos seus mestres.
miércoles, 15 de junio de 2016
Circuítos de 6º B
Os
alumnos de 6º B na clase de Ciencias coa súa profesora Begoña, fixeron circuitos. Divididos en grupos
elaboraron muíños, un fermoso chalet, un coche teledirixido e os rañaceus de
New York.
Menudo traballo !!!!!!
jueves, 9 de junio de 2016
IX Xornada dos Clubs de Lectura
O
vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs
de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura, que neste
curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de
ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de toda Galicia.
Os
Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que,
periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar
actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros
entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa
propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX
Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de
Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada
cunha intervención en formato entrevista.
martes, 7 de junio de 2016
Mañán de teatro
Os
alumnos de 5º e 6º de Primaria foron ao local sociocultural de Pontecesures para ver a “A nena á
que non deixaban ser feliz” de Miguel A. Alonso Diz e dramatizada polo grupo de
teatro da ANPA “A INFESTA”. Tras a obra de teatro houbo un coloquio co autor da
mesma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)