Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 29 de octubre de 2025

Debuxos presentados

 Busca o teu debuxo........

Infantil

Infantil

1ª e 2ª de Primaria

1ª e 2ª

3ª e 4ª de Primaria

3ª e 4ª


5ª e 6ª de Primaria

5ª e 6ª

ESO

ESO

sábado, 25 de octubre de 2025

A porta do noso comedor

 Este curso inauguramos comedor e que mellor que rotular as súas portas para que todos o teñamos ben localizado.



viernes, 24 de octubre de 2025

 Para celebrar o día das bibliotecas, os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla: “Falemos de sexo” na que non só falaron de sexo senón tamén de feminismo e de todo o que lles preocupa a estas edades.

  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
Falemos de sexo




Día das bibliotecas

 Hoxe tivemos o pracer de ter con nós para celebrar o día das bibliotecas a A Xanela do Maxín con Supercoroza e a súa actuación de “Na Eira e na Leira” 🍂🌰🎃💀



A Xanela do Maxín

jueves, 23 de octubre de 2025

A corpo cantado

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dunha sesión de narración oral con Charo Pita. 

Esta proposta forma parte de “Outubro, o mes das Bibliotecas” na biblioteca municipal dentro do programa Ler conta Moito, que nos convida a achegarnos á lectura dun éxito participativo e ameno.📚📚

Charo Pita cóntanos nela que as calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo.


A corpo cantado

viernes, 17 de octubre de 2025

KOHA

 Desde hoxe, a nosa biblio deixa de utilizar o programa MEIGA e pasa a utilizar KOHA.

Trátase dun sistema integrado de xestión bibliotecaria de código aberto que sirve para automatizar e axilizar todos os procesos dunha biblioteca escolar, desde a catalogación ata a xestión de préstamos. Permite aos bibliotecarios administrar os fondos bibliográficos e aos usuarios buscar e consultar o catálogo en línea (OPAC) a través de internet.







Lecturas recomendadas para Samaín

 Como o Samaín xa está moi preto, nos andeis da biblio hai unha selección de libros para que desfrutedes de lecturas terroríficas.



miércoles, 15 de octubre de 2025

Ciclobiblioteca

O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha sesión de narración oral chea de humor, música e participación. Cantaron, bailaron e aprenderon sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respetar a natureza a través dos contos e das mensaxes que nos trouxo Carballo con Botas. 📚🎶✨


Ciclobiblioteca

A través dos libros do escritor e contacontos Anxo Moure descubrimos como coidar a terra dentro do proxecto "Cuco" Cultura.
A loita contra o cambio climático é o propósito de todos os contos que lle serven para pedalexar e avanzar no camiño.

jueves, 9 de octubre de 2025

Historias dun mundo grande

O alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal de Pontecesures para gozar coa primeira das actividades do programa Ler conta moito programadas para este ano: "Historias dun mundo grande" da compañía "Bandullo Azul".

En Historias dun mundo grande,  a narradora chámase Becki, que fala a través da voz de Fran Ameixeiras.
Becki ten unha biblioteca, onde pasa tempo e tempo a ler e escribir.
Cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas  viaxes polo mundo.
Estas historias serven de desculpa para cantar e bailar celebrando o respecto e a felicidade, xa que todas as historias que Becki nos conta falan da colaboración e da solidariedade entre as persoas.

Historias dun mundo grande

Despois, de volta á clase, o alumnado gozou unha vez máis elaborou as súas propias historias dun mundo grande...








miércoles, 8 de octubre de 2025

Vendimia en 3 anos

 Hoxe o alumnado de 3 anos estivo a vendimiar


Vendimia en 3 anos

Centenario de Pontecesures


 O 9 de outubro de 1925 constituíase a primeira corporación municicpal do recén creado Concello de Pontecesures, sendo elexido alcalde José Novo Núñez e sendo a primeira concelleira do noso concello Asunción Calvo. Asemade, formaban parte daquela primeira corporación municipal Luciano García García, Antonio Vázquez Rey, Ricardo Magán, José Fernández Bóveda, José Carrera e José López.

No que vai de ano, o Concello de Pontecesures levou a cabo numerosas actividades centradas na divulgación da nosa historia, costumes e vivencias que acompañaron o desenvolvemento da nosa vila, as cales se prolongarán ata final de ano.

O vindeiro xoves 9 de outubro ás 20:00 horas celebrarase un pleno extraordinario con motivo do noso Centenario, no cal se proxectará o documental no que participaron veciñas e veciños de Pontecesures e no que quixemos recoller as súas historias, a nosa historia dende a perspectiva de quen vive e sinte a nosa vila e ó cal están convidados todas as veciñas e veciños.

Grazas ó traballo da A.C. Xarandeira poderemos coñecer e desfrutar da 'Muiñeira de Cesures', musicada pola agrupación de música tradicional para esta ocasión.

Ó rematar a proxección do documental, poderemos desfrutar dun espectáculo de luces como broche final dun día tan significativo para todas e todos as cesureñas e cesureños.

martes, 7 de octubre de 2025

Está de medo!!!!!

 Un ano máis, para celebrar o Samaín, o EDLG convoca o concurso "Está de medo!!!"

Nesta cuarta edición pode participar o alumnado do Centro, nas condicións que indican as bases.