Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 5 de abril de 2025

Concurso de marcapáxinas do EDLG


Co gallo da conmemoración do Día das Artes Galegas, dedicado neste 2025 ao pintor, ceramista, intelectual... Isaac Díaz Pardo, o EDLG do CPI de Pontecesures convoca un concurso de marcapáxinas conforme as seguintes 

BASES:

1. Pode participar calquera alumno ou alumna do CPI de Pontecesures.

2. Os traballos presentados terán como temática a vida ou a obra de Isaac Díaz Pardo.

3. O marcapáxinas debe ser rectangular e posuír un formato aproximado de 1:3 (a recomendación é realizar a composición nun A4 partido á metade, de xeito que ocupe 105 mm x 297 mm).

4. A técnica é libre (lapis, ceras, acuarela, témpera, colaxe...) sempre que se trate dunha técnica manual (non serán admitidos os traballos elaborados por computador nin fotografías).

5. A persoa que presenta o traballo debe indicar o seu nome e o curso ao que pertence na parte posterior do traballo.

6. O último día para entregar os traballos é o 23 de abril de 2025, Día do Libro.

7. A entrega pode realizarse a través do titor ou da titora, do profesor ou da profesora da materia correspondente ou directamente, en persoa, ao coordinador do EDLG.

viernes, 4 de abril de 2025

Visita de Antonio M. Fraga

 Hoxe os alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º e os seus compañeiros de aula tiveron o pracer de coñecer ao autor dun dos libros que leron este ano "Como escorrentar un lobo".

Antonio M. non é a primeira vez que ven ao noso colexio, pero si é a primeira que coñece aos alumnos de 5º e 6º.

Durante 1 hora estiveron conversando sobre o libro, primeiro fíxolle unha pequena presentación e logo e falaron de todas as inquedanzas que lles supuxo a súa lectura. 

Visita de Antonio M. Fraga

jueves, 3 de abril de 2025

Prevención do acoso escolar

 A pasada semana o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º cursos de Primaria asistiu a unha charla expositiva e participativa arredor da Prevención do Acoso Escolar organizada polo Equipo de Orientación do noso Centro.
Carla, psicóloga da Fundación Amigos de Galicia de Vilagarcía de Arousa, conduciunos ao longo das tres actividades.

A primeira dinámica consistiu en identificar a persoa acosada cun papel. A partir dese punto, insultárono, dixéronlle cousas desagradables, chamáronlle nomes... todo co obxectivo de ferir a persoa que o papel representa, mentres o enrugaron ata facer con el unha bóla. Despois, como para desfacer o mal que lle fixeron, adícaronlle bonitas palabras, alisárono con moito cariño... pero comprobaron que o papel nunca recupera a forma inicial, do mesmo xeito que o ánimo da persoa acosada nunca sana completamente do dano que lle fan, sempre lle queda algunha enruga.

 A segunda dinámica consistiu en escribir sobre eles mesmos, que lles gusta deles, e facer un debuxo sobre eles.

 Na terceira, reflexionaron sobre cal foi a súa vivencia co acoso, en relación a se presenciaron ou realizaron acoso a outras persoas e como viviron esa experiencia.

 

Prevención do acoso escolar