Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 11 de diciembre de 2025

Lecturas compartidas

 Os alumnos de 2º de Primaria animáronse esta semana a leerlle aos alumnos de Infantil e 1º de Primaria.



sábado, 6 de diciembre de 2025

A galiña azul

 Estes días o alumnado de 1º, 2º e 3º traballou un clásico da literatura galega contemporánea: A galiña azul, de Carlos Casares. 



Leron o conto, fixeron actividades relacionadas coa historia e foron ver a obra de teatro a Santiago de Compostela.





Cando sairon do teatro Afundación aproveitaron para pasear pola praza do Obradoiro e ver a aldea de Nadal.



viernes, 5 de diciembre de 2025

Concurso de Portas de Nadal


 Como en cursos pasad0s, o Equipo de Biblioteca convoca un concurso de decoración das portas das aulas polo Nadal 🎄 

Valorarase: a creatividade, os materiais empregados, a orixinalidade e a participación do grupo-clase. 

O último día, antes das vacacións, os membros do xurado pasaran a ver as decoracións e comunicaranse as portas gañadoras, unha por etapa, as cales recibirán un pequeno agasallo para compartir. 


Agardamos a vosa participación

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Libro da I edición do Certame de relato curto Oria Moreno

 

✨️ Xa está dispoñible o libro da I edición do Certame de Relato Curto Oria Moreno! 

Animádevos a ir pola vosa copia e apoiar o talento literario da nosa contorna.

A biblioteca e @concellopontecesures son puntos de recollida. 

Non quededes sen o voso exemplar! 📚

miércoles, 26 de noviembre de 2025

jueves, 20 de noviembre de 2025

Día dos Dereitos da Infancia

 Para conmemorar un día como este queremos compartir con todos vos o mural que elaborou o alumnado de Infantil e Primaria  e que podes contemplar no corredor  do edificio de Primaria e Secundaria. 



miércoles, 19 de noviembre de 2025

Vemos a vila con outra mirada

Como este ano celébrase o centenario do Concello, os alumnos tiveron unha saída pola contorna para aprender un pouco máis da súa vila.
Alumnos de 5ºe 6º de Primaria

Fixeron unha visita guiada polos lugares de maior interese histórica da vila, partindo desde o miradoiro do 'Pino Manso' para logo visitar o antigo Concello, a Plazuela, a Praza de Abastos e a actual Casa do Concello, onde foron recibidos  pola alcaldesa.

 1 e 2º de ESO

Logo tiveron un taller de estampación de bolsas de tela




martes, 18 de noviembre de 2025

Salida de ESO a Coruña

Os alumnos de 3º e 4º da ESO estiveron toda a xornada de onte na Coruña vendo diferentes lugares e exposicións.

BODIES


PASEO POLA TORRE DE HÉRCULES


MUNCYT



 

lunes, 17 de noviembre de 2025

Xornadas de Bibliotecas Escolares


Este fin de semana un dos integrantes do equipo de  dinamización da biblio asisteu ás xornadas de Santiago.



 

sábado, 15 de noviembre de 2025

II Certame de Relato curto Oria Moreno


 O Concello de Pontecesures e a Biblioteca Pública Municipal, organizan o II Certame Literario de Relato Curto Oria Moreno. 𝗣𝗿𝗼𝗺𝗼𝘃𝗲𝗿 𝗮 𝗶𝗴𝘂𝗮𝗹𝗱𝗮𝗱𝗲, 𝗽𝗼ñ𝗲𝗿 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗲 𝗿𝗲𝗶𝘃𝗶𝗻𝗱𝗶𝗰𝗮𝗿 á𝘀 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲ñ𝗮𝘀, 𝗶𝗻𝗰𝗲𝗻𝘁𝗶𝘃𝗮𝗿 𝗮 𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗲 𝗮 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗲𝗻𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹, son, entre outros, os obxectivos deste certame, que levan o nome da decoradora da Cerámica Celta, Oria Moreno.

Tras o éxito da primeira edición, dende hoxe ábrese o prazo para presentación de relatos participantes.

👉𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧: dende hoxe ata o 30 de xaneiro

👉𝗖𝗮𝘁𝗲𝗴𝗼𝗿í𝗮𝘀 𝗲 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:

5º e 6º de Educación Primaria 𝟭𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Educación Secundaria (ESO)  𝟭𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Mocidade entre 16 e 18 anos   𝟮𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Adultos maiores de 18 anos     𝟯𝟬𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Bases da convocatoria

jueves, 13 de noviembre de 2025

Gañadores: Está de medo!!!!

Fíxose entrega dos premios ás propostas gañadoras na cuarta edición do concurso de portadas de libros e relatos de terror 'Está de medo!!!'.

As propostas gañadoras foron as presentadas por Darío (de 2º de Primaria), Abigaíl (de 4º de Primaria), Xián (de 5º de Primaria), Matilda (de 1º de E.S.O.) e Zoe (de 4º de E.S.O.).   

O xurado subliñou a dificultade de escoller os premiados, xa que se encontrou en todas as categorías con traballos de grande calidade.

Á parte destes premios concedidos a cada traballo individual, cada aula de Infantil recibeu un agasallo polo traballo que desenvolveron en conxunto.

Noraboa a todos os agraciados!!!!!




miércoles, 12 de noviembre de 2025

Magosto 2025

Nesta reportaxe fotográfica podemos ver o proceso de preparación e o resultado do Magosto celebrado no colexio.



Gañadores Está de medo !!!!

 Os gañadores desta IV edición do concurso Está de Medo!!!! foron......

As propostas gañadoras foron as presentadas por Darío (de 2º de Primaria), Abigaíl (de 4º de Primaria), Xián (de 5º de Primaria), Matilda (de 1º de E.S.O.) e Zoe (de 4º de E.S.O.).   

O xurado subliñou a dificultade de escoller os premiados, xa que se encontrou en todas as categorías con traballos de grande calidade. 

 Aparte destes premios concedidos a cada traballo individual, cada aula de Infantil recibirá un agasallo polo traballo que desenvolveron en conxunto.




domingo, 2 de noviembre de 2025

Obras na Rúa Borobó


 𝐎 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐥𝐮𝐧𝐬 𝟑 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, darán comezo as obras da rúa Raimundo García Domínguez, "Borobó". 

Para garantir a seguridade e a correcta execución das obras é preciso 𝐫𝐞𝐨𝐫𝐠𝐚𝐧𝐢𝐳𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐫á𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐪𝐮𝐞𝐝𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐨 𝐨𝐫𝐝𝐞𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐧𝐭𝐞 𝐱𝐞𝐢𝐭𝐨:

👉 𝐑ú𝐚 𝐁𝐨𝐫𝐨𝐛ó 𝐜𝐨𝐫𝐭𝐚𝐝𝐚 ó 𝐭𝐫á𝐟𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐠á𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 á𝐬 𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧𝐝𝐚𝐬 ubicadas en dita rúa (Edificio Piñeiro e nº 16) e acceso ó aparcadoiro de Comercial Moncho. Estacionamento prohibido en toda a rúa.

👉𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 ó 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐚ú𝐝𝐞. Habilítase o acceso por rúa Infesta e a baixada polo primeiro tramo de rúa Borobó (Pino Manso-Centro de Saúde)

👉𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 ó 𝐂𝐏𝐈 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬 𝐞 𝐄𝐈𝐌. Habilítase o acceso por rúa Infesta para ambos centros educativos. 

𝐀𝐬/𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐞 𝐄𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐏𝐫𝐢𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚, que se desplacen en vehículo privado, terán habilitado o acceso polo portal de conserxería para acceder co mesmo e estacionar mentras deixan á entrada e recollen á saída ás nenas/os.

𝐀𝐬/𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐒𝐎 que se despracen en vehículo privado, deixarán ó alumnado no portal principal (Pino Manso) e, sempre que sexa posible, evitarán o estacionamento, continuando a marcha por rúa do Castro.

Para o 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿, habilítase dobre circulación na rúa Pousa Antelo, polo que non estará permitido o estacionamento na marxe da fachada do CPI co fin de garantir a seguridade.

👉𝗣𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻𝗲𝗰𝗲𝗿á 𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗿𝘅𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝗽𝗮𝗿𝗰𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗘𝗜𝗠 así como o resto de aparcadoiros habituais.

As obras teñen unha duración prevista de tres meses, ó longo das cales poderán producirse novas modificacións en canto ós accesos. Agradecemos a comprensión no desenvolvemento dunhas obras moi necesarias que repercutirán positivamente en toda a veciñanza.

miércoles, 29 de octubre de 2025

Debuxos presentados

 Busca o teu debuxo........

Infantil

Infantil

1ª e 2ª de Primaria

1ª e 2ª

3ª e 4ª de Primaria

3ª e 4ª


5ª e 6ª de Primaria

5ª e 6ª

ESO

ESO

sábado, 25 de octubre de 2025

A porta do noso comedor

 Este curso inauguramos comedor e que mellor que rotular as súas portas para que todos o teñamos ben localizado.



viernes, 24 de octubre de 2025

 Para celebrar o día das bibliotecas, os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla: “Falemos de sexo” na que non só falaron de sexo senón tamén de feminismo e de todo o que lles preocupa a estas edades.

  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
  • Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”
    Ver traducción
Falemos de sexo




Día das bibliotecas

 Hoxe tivemos o pracer de ter con nós para celebrar o día das bibliotecas a A Xanela do Maxín con Supercoroza e a súa actuación de “Na Eira e na Leira” 🍂🌰🎃💀



A Xanela do Maxín

jueves, 23 de octubre de 2025

A corpo cantado

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dunha sesión de narración oral con Charo Pita. 

Esta proposta forma parte de “Outubro, o mes das Bibliotecas” na biblioteca municipal dentro do programa Ler conta Moito, que nos convida a achegarnos á lectura dun éxito participativo e ameno.📚📚

Charo Pita cóntanos nela que as calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo.


A corpo cantado

viernes, 17 de octubre de 2025

KOHA

 Desde hoxe, a nosa biblio deixa de utilizar o programa MEIGA e pasa a utilizar KOHA.

Trátase dun sistema integrado de xestión bibliotecaria de código aberto que sirve para automatizar e axilizar todos os procesos dunha biblioteca escolar, desde a catalogación ata a xestión de préstamos. Permite aos bibliotecarios administrar os fondos bibliográficos e aos usuarios buscar e consultar o catálogo en línea (OPAC) a través de internet.







Lecturas recomendadas para Samaín

 Como o Samaín xa está moi preto, nos andeis da biblio hai unha selección de libros para que desfrutedes de lecturas terroríficas.



miércoles, 15 de octubre de 2025

Ciclobiblioteca

O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha sesión de narración oral chea de humor, música e participación. Cantaron, bailaron e aprenderon sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respetar a natureza a través dos contos e das mensaxes que nos trouxo Carballo con Botas. 📚🎶✨


Ciclobiblioteca

A través dos libros do escritor e contacontos Anxo Moure descubrimos como coidar a terra dentro do proxecto "Cuco" Cultura.
A loita contra o cambio climático é o propósito de todos os contos que lle serven para pedalexar e avanzar no camiño.

jueves, 9 de octubre de 2025

Historias dun mundo grande

O alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal de Pontecesures para gozar coa primeira das actividades do programa Ler conta moito programadas para este ano: "Historias dun mundo grande" da compañía "Bandullo Azul".

En Historias dun mundo grande,  a narradora chámase Becki, que fala a través da voz de Fran Ameixeiras.
Becki ten unha biblioteca, onde pasa tempo e tempo a ler e escribir.
Cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas  viaxes polo mundo.
Estas historias serven de desculpa para cantar e bailar celebrando o respecto e a felicidade, xa que todas as historias que Becki nos conta falan da colaboración e da solidariedade entre as persoas.

Historias dun mundo grande

Despois, de volta á clase, o alumnado gozou unha vez máis elaborou as súas propias historias dun mundo grande...