Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 27 de diciembre de 2024

Hora de ler en 3º

Os alumnos de 3º de Primaria leron "Orión e os animais máxicos" durante a hora de ler e fixeron unha ficha de lectura do libro.

Hora de ler 3º

viernes, 20 de diciembre de 2024

Festival de Nadal

 Un ano máis chega o fin de trimestre, as ansiadas vacacións e o Nadal.

Como anos anteriores a mañá foi de moito traballo para todos.

Os primeiros que fixeron a súa aparición no ximnasio, debidamente decorado, foron os nosos Reis Magos especiais, os alumnos de 4º de ESO que este ano acaban a súa etapa de formación no cole, despois de empezar en Infantil, continuar en Primaria e acabar este curso 4º de ESO.  Tanto os que fan de Reis como de paxes, esperan este día con ilusión, preparando todo e non deixando nada ao azar para que os máis pequenos se acerquen a eles e reciban un pequeno agasallo logo de deixar a carta cos seus desexos no buzón real.

Reis 2024


Despois foi o momento do concerto, un concerto onde os artistas son eles, os nosos alumnos de ESO dirixidos por David, o profe de Música e un artista consagrado. Nadie mellor que el para que empecen a facer as súas primeiras interpretacións enrriba dun escenario e quizás algún día os vexamos algún como un artista consagrado. 


Festival Nadal 2024

Para rematar disfrutamos do rock con Mad Martin Trío.

Mad Martin Trío

Portas gañadoras

 E xa temos portas, e por tanto clases gañadoras no noso concurso de Nadal.

Os que máis decoraron a súa porta foron.........

Infantil



2º Primaria


4º PDC


Noraboa a todos polo traballo!!!!!!!!!!!!!!!!!!




jueves, 19 de diciembre de 2024

Concurso de Portas de Nadal

Dende Biblioteca propuxemos un ano máis decorar as portas, este ano convertelas  en panos que den paso ao tempo de Nadal.

Mañá é o día no que coñeceremos as gañadoras.

Concurso de portas 2024

Recomendacións lectoras para este Nadal

Aquí tendes as recomendacións lectoras para este Nadal.

Podedes pedirlle a Papá Noel ou a os Reis Magos os libros que vos gusten.







 

miércoles, 18 de diciembre de 2024

Chegou a maxia polo Nadal

Que o Nadal é unha época máxica sabémolo todos pero a maxia do Nadal non se limita ás luces brillantes ou aos regalos debaixo da árbore, senón que radica na alegría de dar, a calidez das relacións e a esperanza dun futuro cheo de amor.

E hoxe no colexio quixemos facer un pouco de maxia antes das merecidas vacacións de Nadal e veu visitarnos o mago Martín Camiña que mostrou o seu espectáculo para todos os alumnos divididos en tres sesións.

Mago Martín Camiña

martes, 17 de diciembre de 2024

Visita ao belén de Valga

Como cada ano non podía faltar a visita dos nosos alumnos máis pequenos ao belén artesanal do concello de Valga.

Que ben o pasaron e como desfrutaron!!!

Visita ao belén de Valga 2024

sábado, 14 de diciembre de 2024

viernes, 13 de diciembre de 2024

A palabra deste ano sera......

 A Real Academia Galega e a Fundación Barrié están a procurar a Palabra do Ano 2024 e xa está aberta a votación para elexila.




jueves, 12 de diciembre de 2024

miércoles, 4 de diciembre de 2024

Concurso de portas de Nadal



O Equipo de biblioteca convoca un concurso de decoración das portas das aulas polo Nadal.

Xa que este ano traballamos as artes escénicas, gustaríanos que a decoración fose como imitando un gran pano que se abre á vosa aula. Debe facerse con materiais aos que lle podamos dar un segundo uso.

Valoraranse: creatividade, materiais utilizados, orixinalidade e participación do grupo-clase.

O último día, antes das vacacións, pasaranse a ver as decoracións e comunicaranse as portas gañadoras. As clases gañadoras recibirán un pequeno agasallo para compartir.

Agardamos a vosa participación.


lunes, 2 de diciembre de 2024

Mochila viaxeira

 Este ano a mochila viaxeira de 1º ten moito éxito.

Encántanlle os libros elexidos e anímanse a facer de cociñeiros cos seus primeiros libros de recetas


Mochila 1º


Mochila 1º.