Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 31 de mayo de 2023

Concurso das Letras galegas

O pasado 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Dende Normalización convocaron un concurso onde  animamon a debuxar ao autor dende Infantil ata Secundaria.

A participación foi moi boa e entre todas as propostas custou decidirse un pouco, polo que as gañadoras foron...



O nome da nosa vila

Os alumnos siguén traballando a través do Vexo, Veo Xacobeo.

Neste caso, buscaron a orixe ou o significado dos diferentes lugares do noso pobo.


O nome da nosa vila

martes, 30 de mayo de 2023

La vida es sueño

Este curso os alumnos de 2º de ESO  de Lengua Castellana, xunto coa súa profesora Alba, demostrannos que o teatro é atractivo, incluso unha obra de Calderón de la Barca.

Eles solos, escolleron e organizaron determinados fragamentos de La vida es sueño para representar na biblioteca.



viernes, 26 de mayo de 2023

Cómplices

O alumnado de 1° de ESO  estivo visionando na Biblioteca a curtametraxe Cómplices, unha denuncia aberta ao acoso escolar, que amosa a triste realidade dos adolescentes acosados.






miércoles, 24 de mayo de 2023

As abellas

Un dos proxectos deste curso en Infantil foi coñecer un pouco máis os insectos e sobre todo, as abellas.

Investigaron, pintaron, escribiron, probaron a mel e foron de visita a Apípolis para poder estar máis preto delas durante un día.

As abellas

martes, 23 de mayo de 2023

Concerto Día das Letras Galegas

O 16 de maio, para festexar o Día das Letras Galegas, celebramos un gran concerto no centro! Neste fixemos un percorrido por obras musicadas dalgunhas figuras homenaxeadas ao longo destes 60 anos de Letras Galegas. 



 

Palabras que veñen e van

Os alumnos do CPI Progreso de Catoira mandáronnos unha nova palabra................





jueves, 18 de mayo de 2023

25ª Edición do Certame Intercentros

O pasado martes, tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores do XXV Certame Intercentros, para alumnado de 3º a 6º de Primaria, polas Letras Galegas. 

O noso centro, xunto co CEIP Baño-Xanza, o CPI Xesús Ferro Couselo e o CPI do Progreso de Catoira, anfitrión nesta edición, conmemoraron a figura de Francisco Fernández del Riego a través dun certame de relatos de narrativa, poesía ou banda deseñada.


As alumnas Emma, de 3º, Matilda, de 4º, Sabela, de 5º, e Martina, de 6º do noso centro foron premiadas. 

Noraboa a todas!



miércoles, 17 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

Esta semana conmemoramos a Semana das Letras Galegas. Esta edición, a número 60, conmemora a figura de Francisco Fernández del Riego, que, curiosamente, foi un dos impulsores da conmemoración que resaltase a figura das persoas que traballaron en prol da dinamización da cultura galega.


No centro, desde Nonrmalización, estiveron traballando co material do Seminario Galán, nos diferentes cursos. Coa axuda de Lucía e Tomás, percorreron o centro para ver que aprenderon os nenos de cada curso.


Desfrutamos dun gran concerto. 

As diferentes clase de Infantil e Primaria homenaxearon a diversos autores que xa foron homenaxeados en pasadas edicións, a través das súas obras, que acompañaron tamén cunha gran interpretación musical.


As alumnas de 5º e 6º de Primaria mostráronos diversas figuras de ximnasia acrobática, acrosport.

O alumnado da ESO tamén contou cun concerto de Malabesta, na xornada da tarde, ademais dunha participación do alumnado de 2º no concerto de Infantil e Primaria.




Saída ao teatro

O alumnado de ESO tivo unha saída ao teatro Principal a Santiago organizado polo departamento de Lengua Castellana para ver Tempestades de Ricardo Frazer.





sábado, 13 de mayo de 2023

Peregrinos a Santiago

Descubrimos o Camiño de Santiago co alumnado de 1º e 2º a través do "Vexo, Veo Xacobeo". O pasado venres 5 fixemos un quecemento, andando dende o noso cole ata Padrón. Estivemos acompañados por unha visita especial, que nos amenizou o recorrido.


Xa coa preparación feita, viaxamos a Santiago para realizar o derradeiro treito do camiño. Visitamos a catedral e percorremos as rúas da capital galega.








miércoles, 3 de mayo de 2023

Recollida do premio do concurso de marcapáxinas

Co motivo da conmemoración do día da Poesía e a semana do Libro, dende o CPI Pontecesures realizamos un concurso que consistía na elaboración dun marcapáxinas en Primaria e dunha pegatina en Infantil.


As gañadoras de dito concurso foron, Matilda en 4º de Primaria e Martiña en 6º de Infantil. 

As gañadoras distribuiron nos cursos de Infantil, Primaria e en Secundaria os seus marcapáxinas e pegatinas.

Concurso de marcapáxinas

Ademais recibiron un agasallo para que poidan seguir aumentando o seu gusto pola lectura e debuxo.

martes, 2 de mayo de 2023

Concurso das letras galegas

 Maio, mes das Letras Galegas. Comezamos a destacar a figura de Francisco Fernández del Riego, un dos precursores desta conmemoración, cun concurso de debuxo.

Debuxa a Fernández del Riego acompañado dun breve texto do autor, e compártello ao teu titor/a. O gañador/a formará parte das axendas do vindeiro curso?

Anímaste? Todas as propostas son benvidas!

Aquí vos deixamos o cartel e as bases.