Nova andaina
miércoles, 24 de marzo de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
Día da poesía
Desde o equipo de EDLG, propúxoselle ao profesorado que estaba realizando un curso de Lingua de Signos, que fixera unha adaptación dun fragmento dun poema de Rosalía e o resultado foi maravilloso.
O noso agradecemento a todos e tamén á coordinadora de TICS, que realizou esta fantástica montaxe.
lunes, 15 de marzo de 2021
Teatro en tempos de pandemia no colexio
O alumnado da clase de 2º na área de Valores, prepararou esta pequena peza sobre o Medo ás treboadas.
Non puideron actuar
con público, pero aquí deixamos a grabación, esperamos que vos guste, a eles e
elas encantoulles preparala e actuar.
sábado, 13 de marzo de 2021
Día da muller
Para celebrar O 8 de marzo, por e para a igualdade, no noso centro leváronse a cabo distintas propostas.
En 1º e 2º de
Primaria falaron e coñeceron a mulleres
de sempre como Rosalía de Castro e Xela Arias, no eido literario e actuais como
Vero Boquete e Ana Peleteiro, no mundo do deporte ou Guadi Galego e Cristina
Pato no sector musical.
Logo recortaron as pezas dos puzzles e trataron de encaixalas e entre todas compuxeron un mural. Había pezas elaboradas polo alumnado que facían referencia a mulleres importantes na súa vida: mamás, avoas, irmás, amigas,...
Realizáronse xogos
interactivos na PDI relativos ás mulleres traballadas...
lunes, 8 de marzo de 2021
Volvemos
jueves, 4 de marzo de 2021
Reto conseguido
Xa pasou unha semana, desde que se publicaron os videos do alumnado do noso centro recitando a Rosalía, para celebrar o seu día, para chegar a todos os recunchos onde haxa un amigo da nosa lingua.
Unha semana, son sete días, case nada, un periodo de tempo curto, pero neste caso, intenso e frutífero.
Durante esta tempada puidemos compartir, expandir, espallar, difundir e sobre todo, recrearnos e deleitarnos coas fermosas poesías de Rosalía, nas voces do alumnado do CPI PONTECESURES, desde os 3 anos ata a ESO.
Ollando a convocatoria deste reto podemos concluír que grazas ao voso empeño e colaboración, proclamamos o RETO CONSEGUIDO.
RETO ACADADO, por todos. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, están orgullosos de todos vós e das vosas familias pola súa implicación nesta proposta, entre todos fixestes rexurdir a Rosalía, a nosa cultura e a nosa lingua.
Nesta empresa na que todos vos comprometestes, gañamos todos, gaña Rosalía e gaña a nosa lingua, que ao fin e ao cabo é o máis importante.
NORABOA A TODOS!
O GALEGO DI:"GRACIÑAS por coidarme, mimarme e falarme.”
Agora imos ver as estatísticas da canle de youtube:
Desde o 19 ata o 26 de febreiro a canle do EDLG de Pontecesures recibiu en total 22.377 visualizacións.
Gañadores por categorías:
Infantil: Laura (3 anos) 1.066 visualizacións.
Primaria: Juan e Mateo (1º e 3º) 4.052 visualizacións.
Secundaria: Uxía (1º ESO) 270 visualizacións.
NORABOA A TODOS!
Agardámosvos en vindeiros retos!
Seguide así de espléndidos!