Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 31 de enero de 2026

Día da Paz

 Un ano máis celebramos o día da Paz con diversas actividades:

Tivemos unha exposición de libros na biblioteca



A mañá empezou cunha chocolatada


Gañadoras e gañador do concurso de cartelería Día da Paz 2026



Logo tivemos o acto en sí no ximnasio, coa lectura do manifesto, a actuación dos alumnos que participaron no taller de voces africanas de Diana Tarín e rematamos cantando todos Fabricando luz da Banda da Loba.







martes, 27 de enero de 2026

Imaxina Rosalía 3.0

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ven de convocar unha nova edición de Imaxina Rosalía



jueves, 22 de enero de 2026

IV concurso de fotografía

O Equipo de convivencia convoca o IV concurso de fotografía


Supermercado de diptongos e hiatos

 Os alumnos de Primaria os días que chove teñen unha orixinal forma de pasar o tempo de recreo.

Como se poden quedar nas aulas pero sin saír ao pasillo....idearon unha maneira de saía a airearse indo de compras a un supermercado especial, un que ten hiatos, diptongos, palabras....

Desta maneira aprenden xogando cousas de lingua e lengua e aprenden a manexar os cartos. 


 

sábado, 17 de enero de 2026

Concurso de Videopoemas sobre Rosalía e Manuel María




A Casa-Museo Manuel María convoca o seu Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. 
Este certame, que este ano chega á súa 9ª edición, está dirixido ao alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
O prazo de preinscrición dos centros que desexen tomar parte finaliza o día 17 de marzo.

 


jueves, 15 de enero de 2026

Visita ao IES de Valga

Onte os alumnos de 4º de ESO foron  a coñecer as instalacións do IES de Valga acompañados do seu tutor e da orientadora.