Os alumnos de 5º e 6º de E. Primaria tiveron uencontro co ilustrador Abraham Carreiro
porque leron un dos seus libros “Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata”
O
venres 3 de maio visitounos a Asociación Chrysallis para impartir un obradoiro
de contacontos e unha charla informativa para fomentar á sensibilización sobre
as diferentes identidades sexuais. Puidemos así saber que hai unha maior
diversidade de xénero da que cremos, facendo especial fincapé na realidade dos
menores transexuais.
O
martes 7 de maio o alumnado e profesorado de Educación Infantil fixeron unha
saída moi especial. Visitaron Apípolis, un centro para a compresión das
relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Aprenderon moitas
cousas e tamén se divertiron. Pasárono xenial!
Os alumnos e profesores de 3º e
4º de Educación Primaria sairon de roteiro por Rois para ver as localizacións da novela que
leron este curso…..“Catro pedras vellas”de Pepe Tobaruela .
Por
unhas horas imaxinaron a Xela, a Fuco, a Carlos e a Ana vivindo emocionantes
aventuras polas corredoiras de Angueira de Castro, no concello de Rois. Foi
marabilloso