Os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron á Biblioteca municipal para desfrutar coa historia musicalizada da Orquesta do Camarote. O príncipe Lorenzo xogaba no seu pazo cando atopou unha caixa musical e quedou abraiado. O pazo do príncipe atopábase baixo a influencia do Imperium Panoramium, e alí só se escoitaban ritmos traídos do outro lado do Atlántico.
Coas viaxes da Orquesta de Camarote, farase un percorrido por distintos lugares do mundo e acompañarase de músicas recoñecidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario