Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 30 de noviembre de 2023

Pulcinella e a máscara máxica

O alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria fixo unha saída ao Auditorio de Galicia de Santiago para desfrutar da representación de Pulcinella e a máscara máxica.




sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N

Este ano para conmemorar o 25 N houbo diversos actos

Os máis pequenos foron os primeiros en levantar a voz, neste caso cantando, contra a violencia.

Así manifestaron, cuns lemas ben acaídos, a necesidade de levantar a voz en contra da violencia.




O martes 21 de novembro,  na Biblioteca do noso Centro realizáronse dúas dinámicas grupais de sensibilización contra a violencia de xénero, unha co alumnado de 1º e 2º da E.S.O. e outra co alumnado de 3º e 4º da E.S.O.
Esta actividade forma parte das accións levadas a cabo polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para loitar contra esta forma de violencia.






O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou unha letra para a coñecida melodía "Tres hojitas madre" ("Inés, Inés, Inesita, Inés").

Escoitádea con atención pois mandan unha potente mensaxe que, a pesar dos esforzos feitos pola sociedade, inda non conseguimos que esas actuacións das que falan quedaran nun mal recordo.




O xoves 23 de novembro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron unha xincana  na que deron conta do ben que se desenvolven todas elas e todos eles nalgúns traballos propios do fogar, como fregar, facer a cama, cravar uns cravos, vestir un bebé, dobrar roupa... 

Xincana pola igualdade




O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria tivo un contacontos na Biblioteca



Hoxe repartimos entre o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria as pulseiras contra a violencia cos lemas que eles e elas mesmas redactaron. 
Os lemas escollidos foron "Son unha persoa, non o teu xoguete", "Eu son libre, e ti?" e "Dentro do arco da vella collemos todos".

Pulseiras contra a violencia

Desde biblioteca fixemos unha exposición de libros relacionados co tema




miércoles, 8 de noviembre de 2023

Magosto 2023

 Nun día típico deste ventoso e chuvioso novembro de 2023 por fin chegou o  magosto.

Ainda que tivemos que facelo de xeito distinto, disfrutamos moito.

Infantil e Primaria comeron as castañas nas súas clases e Secundaria no pabellón.

Magosto 2023

lunes, 6 de noviembre de 2023

O magosto está a chegar

Aínda que este ano as castañas non viñeron boas, non imos deixar pasar a oportunidade de celebrar o magosto.

Os alumnos de Primaria e Secundaria fixeron os seus murais para non esquecerse de celebralo. 






miércoles, 1 de noviembre de 2023

Mochilas viaxeiras en 3º de Primaria

Os alumnos  de 3º de Primaria empezaron a levar para as súas casas a mochila viaxeira preparada para eles desde a Biblioteca.

Cada semana lévana dous alumnos.

Desfrutade!!!!!

Mochilas viaxeiras en 3º de Primaria