Por un día, a Biblioteca do centro convertíuse nun Museo.
Baixo o lema "O MUSEO EN CAMIÑO", grazas ó Museo Provincial de Pontevedra, o noso centro resultou agasallado con esta proposta cultural, para darlle a coñecer aos máis pequenos, de 1º e 2º de Primaria, algunhas das obras que se atopan no Museo, vinculadas a distintos Concellos polos que percorre o Camiño Portugués, como por exemplo, o tesouro de Caldas de Reis, o Deus Xano, un Miliario, cadros de Castelao, Seoane,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario