O pasado mércores 28 de maio, os grupos de 1º e 2º de ESO fixeron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural da USC en Santiago de Compostela, acompañados polas titoras Sara e Bea e a profesora de bioloxía María.
Alí observaron co e coa guía as coleccións de biodiversidade xeral, insectos, fraga e augas continentais. Na parte mariña puideron apreciar as zonas dedicadas a tartarugas, peixes e litoral. Finalmente, estiveron na sala de biomas da selva e da sabana e observaron un mapa en tres dimensións cos animais presentes noutros áreas do mundo. Tamén tiveron acceso á Sala Luis Iglesias, onde e os alumnos/as coñeceron a colección dispoñible de animais disecados.
Na segunda parte da saída, disfrutaron dunha hora de satos no Diverjump para coller con forzas estas dúas semanas de exames que nos quedan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario