Co gallo do Día das Artes Galegas, celebrado o pasado 1 de abril na honra de Isaac Díaz Pardo, o ENDLG convocou un concurso de marcapáxinas.
Hoxe temos por fin eses marcapáxinas nas nosas mans e que mellor día que hoxe para repartilos!
Agora que podemos usalos, cada vez que retomemos as nosas lecturas lembraremos a figura do polímata compostelán e deleitarémonos coa composición plástica de Enma Gerpe Fernández, que é a alumna autora da imaxe que figura no seu anverso despois de gañar o concurso.
Parabéns, Enma!
No hay comentarios:
Publicar un comentario