O pasado mércores 28 de maio, os grupos de 1º e 2º de ESO fixeron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural da USC en Santiago de Compostela, acompañados polas titoras Sara e Bea e a profesora de bioloxía María.
Nova andaina
viernes, 30 de mayo de 2025
Saída a Santiago de 1º e 2º de ESO
domingo, 25 de mayo de 2025
Ano de cambios
Este curso académico foi un ano de cambios na biblioteca.
Intentamos facela máis funcional e máis atractiva para os alumnos pero todo esto supón un esforzo titánico pois houbo que quitar todos os libros, pintar as estanterías, recolocalas e volver a colocar os libros.
Ademáis o próximo curso entra en funcionamento o programa KOHA e empezamos a poñerlle as etiquetas cos códigos de barras aos libros, un traballo que fixemos durante o segundo e terceiro trimestre e que non acabamos.
Non pasa nada, o próximo curso seguiremos para facer deste espacio o lugar máis atractivo do colexio.
sábado, 24 de mayo de 2025
Co gallo do Día das Letras Galegas, as comunidades escolares dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño-Xanza de Valga e dos CPI de Pontecesures e Progreso de Catoira déronse cita no Auditorio Municipal de Valga para entregar os premios da XXVII edición do Certame Literario Intercentros organizado nesta edición pola ANPA do colexio de Cordeiro.
O acto contou con actuacións musicais a cargo das pandeireteiras de Casal de Eirigo e do gaiteiro Pablo Dopazo.
Os alumnos do noso cole que recibiron un premio foron:
Lois Janeiro Castroagudín, gañador do 1º premio na categoría de poesía entre o alumnado de 5º de Primaria co seu poema 'O son das mulleres'.
Daniela Gándara Jamardo, 2º premio en narrativa de 4º, co seu relato 'As pantasmas Fernando e Pipo'.
Daniela Campos Quintáns, 3º premio de narrativa do alumnado de 6º, pola súa obra 'O xogo con clave'.
Abigail Lorenzo Gómez, 4º premio en narrativa de 3º, por 'Na búsqueda do tesouro dourado'.

viernes, 23 de mayo de 2025
Exposición de invertebrados
Os alumnos de 1º de ESO estiveron estudiando os invertebrados na clase de Bioloxía e fixeron maquetas que expuxeron na biblioteca para que toda a comunidade educativa as vise.
Uns fenómenos!!!
jueves, 22 de mayo de 2025
Letras Galegas 2025
Xa podedes ver o vídeo íntegro grabado por alumnos de 4º de ESO do festival conxunto das nosas Letras.
A nosa lingua une!!!!
martes, 20 de mayo de 2025
Sementando poesías no Camiño
Un ano máis, o ENLDG xa ten preparado o cartel de Sementando poesías no Camiño para este ano.
En galego, español, portugués, francés e inglés convidan aos peregrinos a desfrutar dos traballos dos nosos poetas nos seus últimos pasos polo Camiño Portugués.
sábado, 17 de mayo de 2025
Coida o galego como unha flor
O alumnado de Primaria nesta semana previa ás Letras Galegas xogou ás palabras encadeadas, cada grupo escribeu a súa liña, para lembrarnos que a nosa lingua -ademais de fermosa, cantareira e con historia- é ben acaída para ser empregada en calquera ocasión.
viernes, 16 de mayo de 2025
Marcapáxinas do Día das Artes Galegas
Co gallo do Día das Artes Galegas, celebrado o pasado 1 de abril na honra de Isaac Díaz Pardo, o ENDLG convocou un concurso de marcapáxinas.
Hoxe temos por fin eses marcapáxinas nas nosas mans e que mellor día que hoxe para repartilos!
Agora que podemos usalos, cada vez que retomemos as nosas lecturas lembraremos a figura do polímata compostelán e deleitarémonos coa composición plástica de Enma Gerpe Fernández, que é a alumna autora da imaxe que figura no seu anverso despois de gañar o concurso.
Parabéns, Enma!
Plantando no horto
Os alumnos de Infantil 5 anos convertéronse en pequenos agricultores e xunto coa profe Sara plantaron leitugas, perexil e allo porro.
Agora só queda regar e sachar e esperar a que medren para levalos á casa e comelos.
viernes, 9 de mayo de 2025
Exposición polas Letras
O
equipo de Normalización Lingüística colocou no corredor da planta baixa
do edificio de Primaria e Secundaria a exposición cos carteis remitidos
pola Secretaría Xeral da Lingua arredor das cantareiras e da poesía
popular oral galega e que foron elaborados polo CEIP Plurilingüe Celso
Emilio Ferreiro, de Cerceda.