Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 9 de junio de 2016

IX Xornada dos Clubs de Lectura



O vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura, que neste curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial  de toda Galicia.
Os Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que, periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada cunha intervención en formato entrevista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario