Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 30 de mayo de 2025

Saída a Santiago de 1º e 2º de ESO

 O pasado mércores 28 de maio, os grupos de 1º e 2º de ESO fixeron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural da USC en Santiago de Compostela, acompañados polas titoras Sara e Bea e a profesora de bioloxía María. 

Alí observaron co e coa guía as coleccións de biodiversidade xeral, insectos, fraga e augas continentais. Na parte mariña puideron apreciar as zonas dedicadas a tartarugas, peixes e litoral. Finalmente, estiveron na sala de biomas da selva e da sabana e observaron un mapa en tres dimensións cos animais presentes noutros áreas do mundo. Tamén tiveron acceso á Sala Luis Iglesias, onde e os alumnos/as coñeceron a colección dispoñible de animais disecados.

Na segunda parte da saída, disfrutaron dunha hora de satos no Diverjump para coller con forzas estas dúas semanas de exames que nos quedan.



domingo, 25 de mayo de 2025

Ano de cambios

Este curso académico foi un ano de cambios na biblioteca.

Intentamos facela máis funcional e máis atractiva para os alumnos pero todo esto supón un esforzo titánico pois houbo que quitar todos os libros, pintar as estanterías, recolocalas e volver a colocar os libros. 

Ademáis o próximo curso entra en funcionamento o programa KOHA e empezamos a poñerlle as etiquetas cos códigos de barras aos libros, un traballo que fixemos durante o segundo e terceiro trimestre e que non acabamos.

Non pasa nada, o próximo curso seguiremos para facer deste espacio o lugar máis atractivo do colexio.





 

sábado, 24 de mayo de 2025

 Co gallo do Día das Letras Galegas, as comunidades escolares dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño-Xanza de Valga e dos CPI de Pontecesures e Progreso de Catoira déronse cita no Auditorio Municipal de Valga para entregar os premios da XXVII edición do Certame Literario Intercentros organizado nesta edición pola ANPA do colexio de Cordeiro.


O acto contou con actuacións musicais a cargo das pandeireteiras de Casal de Eirigo e do gaiteiro Pablo Dopazo.


Os alumnos do noso cole que recibiron un premio foron: 

Lois Janeiro Castroagudín, gañador do 1º premio na categoría de poesía entre o alumnado de 5º de Primaria co seu poema 'O son das mulleres'.

Daniela Gándara Jamardo, 2º premio en narrativa de 4º, co seu relato 'As pantasmas Fernando e Pipo'.

Daniela Campos Quintáns, 3º premio de narrativa do alumnado de 6º, pola súa obra 'O xogo con clave'.

Abigail Lorenzo Gómez, 4º premio en narrativa de 3º, por 'Na búsqueda do tesouro dourado'.

 

Certame Intercentros 2025

viernes, 23 de mayo de 2025

Exposición de invertebrados

 Os alumnos de 1º de ESO estiveron estudiando os invertebrados na clase de Bioloxía e fixeron maquetas que expuxeron na biblioteca para que toda a comunidade educativa as vise.

Uns fenómenos!!!


 

jueves, 22 de mayo de 2025

Letras Galegas 2025

 Xa  podedes ver o vídeo íntegro grabado por alumnos de 4º de ESO do festival conxunto das nosas Letras.

A nosa lingua une!!!!


 

 

martes, 20 de mayo de 2025

Sementando poesías no Camiño

Un ano máis, o ENLDG  xa ten preparado o cartel de Sementando poesías no Camiño para este ano.
En galego, español, portugués, francés e inglés convidan aos peregrinos a desfrutar dos traballos dos nosos poetas nos seus últimos pasos polo Camiño Portugués.


sábado, 17 de mayo de 2025

Coida o galego como unha flor

 

O alumnado de Primaria nesta semana previa ás Letras Galegas xogou ás palabras encadeadas, cada grupo escribeu a súa liña, para lembrarnos que a nosa lingua -ademais de fermosa, cantareira e con historia- é ben acaída para ser empregada en calquera ocasión.



Ademáis, os alumnos de 3º de Primaria decoraron a súa porta da clase con palabras en galego