Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 7 de febrero de 2023

Xornadas de portas abertas

O CPI de Pontecesures levará a cabo a Xornada de Portas Abertas

As familias que vaian matricular aos seus fillos en 3 anos de Educación Infantil, poden vir coñecer o noso centro, o equipo docente e a nosa forma de traballar co alumnado.

Lembrade que a solicitude de admisión será do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

lunes, 6 de febrero de 2023

Semana adicada ao teatro en 1º e 2º de ESO

Os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron que adaptar na clase de lengua castelá obras clásicas ao teatro que despois representaron ao resto de alumnado do colexio.

Tiveron que encargarse de todo: vestuario, escenario,...xa que era unha actividade que a profesora puntuaría.

Alicia en el País de las maravillas: Helena, José Luis, Gabriella, Enma, Zoe, Abigaíl, Lara, Anxo, Yeray, Amine e Lucas

El Mago de Oz: Lara H., Paula, Hiwot, Telmo, Zoe P., Xana, Lucía, Brais, Bruno, Damián, Roi

Agradecer a colaboración de Manuel Castro como técnico de sonido e María como maquilladora (3º ESO)





Don Quijote de la Mancha de 2º ESO B:Tomás, Carla, Imán e Alberto.


Recollida do 1º premio de fotografía do CEP Ferro Couselo

Este luns o alumnado de 4º de Primaria acudeu ao CEP Xesús Ferro Couselo para a recollida do premio do I Concurso de Fotografía sobre a Metereoloxía, do cal a nosa aula resultará gañadora na categoría de non alumnado. O recibemento foi moi bo, primeiro ensinaronnos o seu patio no cal aprobeitamos para xogar cos nosos  anfitrións, despois  pasamos a gala de recollida de premio. O premio foi xenial unha axenda, unha chapa e marcapáxinas para cada un/ha. Para toda a aula recibimos un diploma, dous libros sobre meteoroloxía e un xogo de ciencia sobre a metereoloxía. Non agardamos o momentos de utilizalos. e finalmente invitaronnos a unha merenda moi rica de froita e Palomitas 🍿 !!! E tuvemos outro ratiño de xogo! Que ben o pasamos ! Esperemos volver a repetir esta experiencia tan boa 😊

Recollida do premio

jueves, 2 de febrero de 2023

Fai viral a Rosalía

 


Febreiro, mes de entroido e... mes de Rosalía. 

Un curso máis, para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca, ante o éxito do anterior, volvemos propoñer o reto de facer viral a Rosalía.

Unha vez máis, este reto conta coas mesmas condicións, coa novidade de que os vídeos se usarán, tamén, para "Sementando poesías no camiño".

Anímate a participar! 

Agardamos polos vosos vídeos.





miércoles, 1 de febrero de 2023

Día da paz-interior

Este ano celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz enfocando a programación deste día dentro do conxunto de actividades que estamos a desenvolver no centro sobre a resistencia á frustración.

Dende o Equipo de convivencia planearon para ese día buscar camiños para atopar a paz interior, camiños para fomentar a paz dende dentro cara fóra-aprendendo a xestionar a frustración con mindfulness ou aproveitando os beneficios psicolóxicos, emocionais e físicos do xeito de cantar.

A semana anterior nas tutorías presentaron o Concurso de fotografía meditativa para a ESO

Ese día iniciamos a nenos e adolescentes nas prácticas de mindfulness do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con diversos obradoiros.

Os alumnos de 1º de ESO tivo un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado Espertando ao guerreiro interno.

Espertando ao guerreiro interno

Os alumnos de 4º de Primaria tiveron  un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado A viaxe de Eire, o año valente.

A viaxe de Eire, o año valente

Os grupos de 2º de ESO e 6º de Primaria tiveron un obradoiro de voces africanas  dirixido por Diana Tarín.

Obradoiro de voces africanas

Nun día tan frío como o que tivemos gozamos  dun chocolate con churros.
Que bo estaba!!!!!!!

Chocolate con churros

Finalmente reunímonos no ximnasio para o acto do Día da Paz  coa lectura dun manifesto e a actuación dos grupos participantes no obradoiro de voces africanas. 




Acto do Día da Paz 

martes, 31 de enero de 2023

Saída a Andorra

Un grupo de 38 alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados de tres profesores están disfrutando esta semana do ski e de Andorra.

Un clima fantástico, un tempazo, sol a tope nas pistas de GrandValira e moitas gañas de pasalo ben.

Andorra 2023

jueves, 26 de enero de 2023

O alumnado de 4º  de Primaria  xunto coa súa mestra Lorena, integrante do equipo de biblioteca participou no Concurso de fotografías do noso colexio veciño, o CEP Xesús Ferro Couselo, o cal consistía en mandar unha fotografía que estivese relacionada coa metereoloxía asi como porlle un título a mesma. Esta subiríase a rede social do CEP Xesús Ferro Couselo e a que tivese máis Me Gusta sería a gañadora.

A aula de 4º participou con:
  

                             Ao mal tempo, diversión

E, finalmente... resultaron GAÑADORES!!