Este ano celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz enfocando a programación deste día dentro do conxunto de actividades que estamos a desenvolver no centro sobre a resistencia á frustración.
Dende o Equipo de convivencia planearon para ese día buscar camiños para atopar a paz interior, camiños para fomentar a paz dende dentro cara fóra-aprendendo a xestionar a frustración con mindfulness ou aproveitando os beneficios psicolóxicos, emocionais e físicos do xeito de cantar.
A semana anterior nas tutorías presentaron o Concurso de fotografía meditativa para a ESO
Ese día iniciamos a nenos e adolescentes nas prácticas de mindfulness do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con diversos obradoiros.
Os alumnos de 1º de ESO tivo un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado Espertando ao guerreiro interno.
Os alumnos de 4º de Primaria tiveron un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado A viaxe de Eire, o año valente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario