Esta semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Ed. infantil, 1° e 2° pasouno xenial cantando e bailando con ela os seus 'Cantos animais'.
Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa. O seu libro pode mercarse en cantosanimales.libroslar.com
Os alumnos de 1º de Primaria este ano nas súas mochilas viaxeiras levaban libros de cociña para iniciarse pouco a pouco e parece que xa empezamos a ver pequenos logros.
Neste caso foron dúas irmáns, Anais e Eire as que e atreveron con este delicioso postre.
O CPI de Pontecesures levará a cabo a Xornada de Portas Abertas
As familias que vaian matricular aos seus fillos en 3 anos de Educación Infantil, poden vir coñecer o noso centro, o equipo docente e a nosa forma de traballar co alumnado.
Lembrade que a solicitude de admisión será do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO tiveron que adaptar na clase de lengua castelá obras clásicas ao teatro que despois representaron ao resto de alumnado do colexio.
Tiveron que encargarse de todo: vestuario, escenario,...xa que era unha actividade que a profesora puntuaría.
Alicia en el País de las maravillas: Helena, José Luis, Gabriella, Enma, Zoe, Abigaíl, Lara, Anxo, Yeray, Amine e Lucas
El Mago de Oz: Lara H., Paula, Hiwot, Telmo, Zoe P., Xana, Lucía, Brais, Bruno, Damián, Roi
Agradecer a colaboración de Manuel Castro como técnico de sonido e María como maquilladora (3º ESO)
Don Quijote de la Mancha de 2º ESO B:Tomás, Carla, Imán e Alberto.
Este luns o alumnado de 4º de Primaria acudeu ao CEP Xesús Ferro Couselo para a recollida do premio do I Concurso de Fotografía sobre a Metereoloxía, do cal a nosa aula resultará gañadora na categoría de non alumnado. O recibemento foi moi bo, primeiro ensinaronnos o seu patio no cal aprobeitamos para xogar cos nosos anfitrións, despois pasamos a gala de recollida de premio. O premio foi xenial unha axenda, unha chapa e marcapáxinas para cada un/ha. Para toda a aula recibimos un diploma, dous libros sobre meteoroloxía e un xogo de ciencia sobre a metereoloxía. Non agardamos o momentos de utilizalos. e finalmente invitaronnos a unha merenda moi rica de froita e Palomitas 🍿 !!! E tuvemos outro ratiño de xogo! Que ben o pasamos ! Esperemos volver a repetir esta experiencia tan boa 😊
Un curso máis, para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca, ante o éxito do anterior, volvemos propoñer o reto de facer viral a Rosalía.
Unha vez máis, este reto conta coas mesmas condicións, coa novidade de que os vídeos se usarán, tamén, para "Sementando poesías no camiño".
Este ano celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz enfocando a programación deste día dentro do conxunto de actividades que estamos a desenvolver no centro sobre a resistencia á frustración.
Dende o Equipo de convivencia planearon para ese día buscar camiños para atopar a paz interior, camiños para fomentar a paz dende dentro cara fóra-aprendendo a xestionar a frustración con mindfulness ou aproveitando os beneficios psicolóxicos, emocionais e físicos do xeito de cantar.
A semana anterior nas tutorías presentaron o Concurso de fotografía meditativa para a ESO
Ese día iniciamos a nenos e adolescentes nas prácticas de mindfulness do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con diversos obradoiros.
Os alumnos de 1º de ESO tivo un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado Espertando ao guerreiro interno.
Os alumnos de 4º de Primaria tiveron un obradoiro coa psicóloga Mª Carmen Hermo titulado A viaxe de Eire, o año valente.
Os grupos de 2º de ESO e 6º de Primaria tiveron un obradoiro de voces africanas dirixido por Diana Tarín.
Nun día tan frío como o que tivemos gozamos dun chocolate con churros.
Que bo estaba!!!!!!!
Finalmente reunímonos no ximnasio para o acto do Día da Paz coa lectura dun manifesto e a actuación dos grupos participantes no obradoiro de voces africanas.