Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 29 de noviembre de 2021

3º reto

 Imos darlle unha volta á música….



Sabrías decirnos ….


Cal é o instrumento musical

máis antigo do mundo? 

Onde apareceu e canto tempo ten?


 

viernes, 26 de noviembre de 2021

25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Neste 25 de Novembro, toda a comunidade educativa, querémonos sumar a esta celebración de rexeitamento da violencia, unha lacra que desexamos se erradique o antes posible e da que vemos que nos queda camiño que percorrer.

Amosámosvos algúns dos traballos realizados polo alumnado de Educación Primaria.



miércoles, 24 de noviembre de 2021

Solución e gañadores do 2º reto

Solución

O océano Pacífico debe o seu nome ao navegante portugués Fernando de Magallanes, cando en novembro de 1520, despois de viaxar por augas turbulentas e atravesar o Estreito de Magallanes, chegou ás tranquilas (“pacíficas”) augas con ventosfavorables para a navegación.

Quen participou no reto?




Quen atopou a resposta?



martes, 23 de noviembre de 2021

Nova experiencia do volcán

 O alumnado de 2º de Primaria confeccionou  unha maqueta con forma de volcán.

Practicaron o experimento na súa clase e hoxe viñeron a compartilo cos de primeiro.

Os de primeiro estiveron superatentos e despois repetírono eles tamén.






lunes, 22 de noviembre de 2021

Charlas sobre igualdade

Grazas á colaboración do Concello ao longo desta semana foron impartidas nas aulas de Primaria, de Secundaria e no ximnasio para os máis pequenos, charlas e sesións de contacontos coas seguintes temáticas arredor da igualdade.

AS EMOCIÓNS E O BULLING.

QUE VES NO YOUTUBE?

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE ( Orellas de bolboreta, unha casa a medida,...)



                        4º Primaria

                      
                          1º e 2º Primaria no ximnasio



                       3º Primaria


                      1º ESO

 

jueves, 18 de noviembre de 2021

Charla de Montse Fajardo

O alumnado de 4ºESO tivo a sorte de escoitar a Montse Fajardo sobre  a necesidade de recuperar a memoria histórica desde unha perspectiva de xénero. Na súa conferencia falounos  da represión franquista e da violencia machista sobre as mulleres. A actividade foi organizada polas profesoras de Valores e de Xeografía e Historia.





martes, 16 de noviembre de 2021

Jealousy, Jealousy de Olivia Rodrigo

 Os alumnos de 3º ESO interpetan Jealousy, Jealousy de Olivia Rodrigo xunto con Owen facendo os coros.