Acabamos a semana coa actuación dos alumnos de 4º ESO interpretando un tema de Fito e Fitipaldis
Nova andaina
viernes, 3 de diciembre de 2021
martes, 16 de noviembre de 2021
Jealousy, Jealousy de Olivia Rodrigo
Os alumnos de 3º ESO interpetan Jealousy, Jealousy de Olivia Rodrigo xunto con Owen facendo os coros.
A Rianxeira
Sonan polos corredores
do centro acordes con sons enxebres, populares, da nos aterra, e universais,
como é a nosa Rianxeira grazas aos alumnos de 2º de ESO e ao seu profe de música
David
lunes, 15 de noviembre de 2021
Rojitas las orejas. 1º ESO
O alumnado de Educación Secundaria volve a sorprendernos coas súas habilidades musicais. Nesta ocasión é 1º da ESO o que nos agasalla cunha versión de "Rojitas las orejas" de Fito & Fitipaldis.
Noraboa polo traballo!
viernes, 22 de octubre de 2021
Rolling in the Deep
Os alumnos de 3º ESO Bilingüe interpretando na aula de música a canción de Adele, Rolling in the Deep.
martes, 19 de octubre de 2021
David Regueiro
Este martes 19, o alumnado da ESO, puido deleitarse coas composicións musicais de DAVID REGUEIRO, que en compaña do seu amigo ISMAEL CABALEIRO, adiantáronlle ao alumnado algunhas das pezas que formarán parte do seu vindeiro traballo.
Durante a xornada matinal e tamén pola tarde, unhas melosas melodías con moito swing invadiron o corredor da planta baixa do noso centro e saíron polas fiestras abertas á rúa Avelino Pousa Antelo, chamando a atención dos viandantes que por alí pasaban.
David está considerado, no noso país, coma un dos máis relevantes guitarristas de gypsy jazz.
Cunha ducia de
discos editados e centos de actuacións por distintos países do mundo, David
caeu este curso no noso centro, para impartir as clases de música ao alumnado
da ESO.
sábado, 9 de octubre de 2021
A Banda da Loba na Plazuela
Onte estivo na Plazuela A BANDA DA LOBA e o alumnado do noso centro, familias dos mesmos e veciños e veciñas, asistiron este ao concerto, que estiveron na marabillosa compaña das poetas, Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanessa Glemsel, que homenaxeaban a Xela polas Letras Galegas 2021.
Este concerto
poético estaba dentro do programa " Música x poesía x fotografía. POR
XELA!" promovido pola Xunta e pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Prazuela estaba a
rebentar , tiñamos moitas ganas de troula e moitas, moitííííííííííííííííísimas
de ver A BANDA DA LOBA.

