Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 13 de octubre de 2016

Premio Nobel de Literatura 2016



Bob Dylan, premio Nobel de Literatura 2016

 


O gañador do  premio Nobel de Literatura de 2016 é Bob Dylan "por ter creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción". A secretaria permanente da Academia Sueca, Sara Daniues, foi a encargada de anunciar á 13.00 o nome do gañador. "Si miramos miles de años atrás, descubrimos a Homero e a Safo. Escribiron textos poéticos para ser escoitados e interpretados con instrumentos. Sucede o mesmo con Bob Dylan. Pode e debe ser lído",  declarou Danius. Dylan é "un gran poeta na tradición en lingua inglesa, moi orixinal" e que durante 54 años "segue actuando e reinventándose a sí mesmo, creando unha nova identidade".



A literatura apoiada da música, ou viceversa, foi o camiño para Zimmerman, que cambió o seu  nome polo de Bob Dylan, inspirándose en   Dylan Thomas. Coñecer a  Woody Guthrie, sería a introducción definitiva do músico no xénero literario.



Na historia do premio, a maioría dos galardóns recaeron s0bre autores de fala inglesa (27), francesa (14), alemana (13) e castelán (11).




lunes, 10 de octubre de 2016

IV Concurso de relatos e vídeos de terrror



Un ano máis a Biblioteca  e o ENDL do CPI de Pontecesures anímanvos a que compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín, unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.

As bases que rexerán o concurso son as seguintes

1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.

2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.

3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:

a) Infantil

b) 1º ciclo:

c) 2º ciclo

d) 3º ciclo

e) ESO

f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.

4. A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve, unha videocreación ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.

5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao coordinador do ENDL antes do xoves 20 de outubro.

6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.

7. O fallo do xurado farase público en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria do día 28 de outubro ao que poderán acudir todos os participantes.

8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
 

jueves, 29 de septiembre de 2016

martes, 28 de junio de 2016

Roteiro de fin de curso a Valga

Para celebrar o día de remate das clases fixemos un roteiro ata a área recreativa de Valga, onde nos agasallaron algúns membros da A. C. Xarandeira cunha actuación de música e baile tradicional. Tamén puidemos desfrutar dun baño no río Valga e dunha comida campestre. Despedímonos por este curso, pasádeo moi ben durante o verán e collede moitos folgos para o novo ano!

miércoles, 22 de junio de 2016

Carta dun neno e dunha nena para animar á lectura



Para papá e mamá:

Vós queredes que aprenda a ler moi pronto e que me guste a lectura, porque sabedes que esa é a base da aprendizaxe. Eu tamén quero que saibades que lendo xuntos podemos transformar o salón nun misterioso Castelo, o corredor nun barco pirata, ou a miña habitación nun gran bosque encantado…, pero necesito da vosa axuda para poder converterme nun gran lector e lectora. Por iso:

  • Gustaríame que dispuxérades dun tempo para ler conmigo todos os días, e que me animárades para que eu tivera tempo para ler en silencio, en solitario.
  • Encántame escoitar a vosa voz. Contádeme lendas, contádeme contos, dicídeme adiviñas...
  • Adoro os momentos nos que me escoitades cando vos conto historias dos libros que estou lendo.
  • Levádeme ás librerías para mirar os libros de todo tipo e acompañademe as bibliotecas para participar nas actividades e para axudarme a seleccionar os libros que vou ler.
  • Non vos esquezades de regalarme algún libro.
  • E sobre todo, non deixedes as miñas dúbidas sen resposta.

           GRAZAS mamá! GRAZAS papá!.............

POR LERNOS