Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
miércoles, 22 de junio de 2016
viernes, 17 de junio de 2016
jueves, 16 de junio de 2016
Visita a Marcelle de 3º e 4º de E. Primaria
Os
alumnos de 3º e 4º de E. Primaria do CPI de Pontecesures foron de excurción de
fin de curso a Marcelle acompañados dos seus mestres.
miércoles, 15 de junio de 2016
Circuítos de 6º B
Os
alumnos de 6º B na clase de Ciencias coa súa profesora Begoña, fixeron circuitos. Divididos en grupos
elaboraron muíños, un fermoso chalet, un coche teledirixido e os rañaceus de
New York.
Menudo traballo !!!!!!
jueves, 9 de junio de 2016
IX Xornada dos Clubs de Lectura
O
vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs
de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura, que neste
curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de
ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de toda Galicia.
Os
Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que,
periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar
actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros
entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa
propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX
Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de
Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada
cunha intervención en formato entrevista.
martes, 7 de junio de 2016
Mañán de teatro
Os
alumnos de 5º e 6º de Primaria foron ao local sociocultural de Pontecesures para ver a “A nena á
que non deixaban ser feliz” de Miguel A. Alonso Diz e dramatizada polo grupo de
teatro da ANPA “A INFESTA”. Tras a obra de teatro houbo un coloquio co autor da
mesma.
viernes, 3 de junio de 2016
Os nosos planetas
Como o
tema do proxecto de biblioteca este curso foi “O sistema solar”, os nenos de
Infantil 4 anos inventaron o seu planeta
particular. Debuxárono, definiron a súa forma, a súa cor, quen vivía alí, que
facían os seus habitantes, como viaxaban....
Crearon
o seu propio libro e explicáronlle ao resto dos compañeiros o seu planeta na
clase.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
