Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 16 de junio de 2016

Visita a Marcelle de 3º e 4º de E. Primaria



Os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria do CPI de Pontecesures foron de excurción de fin de curso a Marcelle acompañados dos seus mestres.




miércoles, 15 de junio de 2016

Circuítos de 6º B


Os alumnos de 6º B na clase de Ciencias coa súa profesora Begoña, fixeron circuitos. Divididos en grupos elaboraron muíños, un fermoso chalet, un coche teledirixido e os rañaceus de New York.
Menudo traballo !!!!!!




jueves, 9 de junio de 2016

IX Xornada dos Clubs de Lectura



O vindeiro 10 de xuño reunirase en Compostela o profesorado que coordina os Clubs de lectura acollidos á convocatoria en apoio aos Clubs de Lectura, que neste curso 2015/2016 chegou a un total de 239 centros de ensino con ensinanzas de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial  de toda Galicia.
Os Clubs de lectura acollen este curso a máis de 11.000 lectoras e lectores que, periodicamente, se reúnen para compartir experiencia lectora e realizar actividades a partir das lecturas realizadas. Aumentan cada ano os encontros entre distintos clubs e as rutas literarias que realizan, ben por iniciativa propia, ben aproveitando rutas xa deseñadas por distintas institucións.
A IX Xornada dos Clubs de Lectura iniciaranse coa entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2016 á escritora Ledicia Costas, quen participará tamén na xornada cunha intervención en formato entrevista.

martes, 7 de junio de 2016

Mañán de teatro



Os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron ao local sociocultural de Pontecesures para ver a “A nena á que non deixaban ser feliz” de Miguel A. Alonso Diz e dramatizada polo grupo de teatro da ANPA “A INFESTA”. Tras a obra de teatro houbo un coloquio co autor da mesma.


viernes, 3 de junio de 2016

Os nosos planetas

Como o tema do proxecto de biblioteca este curso foi “O sistema solar”, os nenos de Infantil  4 anos inventaron o seu planeta particular. Debuxárono, definiron a súa forma, a súa cor, quen vivía alí, que facían os seus habitantes, como viaxaban....

Crearon o seu propio libro e explicáronlle ao resto dos compañeiros o seu planeta na clase.