Conmemoramos o Día Internacional da Muller a través de diferentes propostas e resaltamos a importancia da muller na nosa sociedade.
Na aula de 5 anos, fixeron uns lentes violetas, para que nos axuden a detectar as inxustizas que sofren moitas veces as mulleres. Ademais, as nenas e nenos de 1º de EP tamén conmemoraron o Día Internacional da Muller.
Na biblioteca fixemos unha pequena exposición de libros.
Tamén, grazas á Banda da Loba, traballamos con "Plumas Amarelas", que, como nos di o grupo, son as das nosas aves favoritas, as lavandeiras reais. É un canto á liberdade, unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que, dende o cotiá, loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.
Os alumnos da ESO participaron nun photocall organizado polo concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario