Baixo o título " PALABRAS QUE VEÑEN E VAN" agóchase o proxecto da Biblioteca do centro este curso e os diferentes grupos realizan propostas arredor desta liña de traballo.
Este proxecto, é ideal para desenvolver o obxectivo que figura no Proxecto lingüístico de centro: Vincular o galego a outras manifestacións culturais que forman parte da identidade dos galegos, lembrando o seu valor como legado cultural de todas as xeracións que nos precederon e como vestixio vivo da diversidade de pobos que conformaron a nosa idiosincrasia colectiva.
No mes de outubro comenzou a aula de 2º ("a clase das piruletas") a facer actividades con moita ilusión, por exemplo:
Compartir / intercambiar propostas “ Palabras que veñen e van”, entre as distintas clases do centro e con outros centros da contorna ( CEIP Torre- Illa de Arousa e CPI Progreso- Catoira). Por ex: Palabras encadeadas, contos enlazados, as palabras máis fermosas...
Para levar a cabo esta proposta intercentros, usaránse distintos medios de comunicación: carta/ correo postal, correo electrónico, whatsapp, videochamadas e por suposto, os blogs dos distintos centros.
Comenzaron escribindo unha carta para ámbalas dúas aulas de 2º dos centros implicados neste proxecto, enviando no mesmo sobre a 1ª palabra da cadea. Despois foron recibindo as cartas coas segundas palabras, e así seguirán ata facer unha cadea de alomenos 20 palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario