Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 25 de noviembre de 2022

25 de Novembro

Celebramos o día contra a violencia machista con diversos actos:

As alumnas de 4º de ESO realizaron o cartel conmemorativo do día

Mural 4º ESO


O acto máis significativo realizouse no ximnasio do colexio onde nos reunimos alumnos e profesores para celebrar un pequeno acto que comenzou coa lectura dun manifesto por parte de alumnos de Primaria.

Hoxe 25 de novembro, as alumnas e alumnos do CPI de Pontecesures reunímonos para declarar o noso espazo de traballo, as nosas aulas e o noso centro como: 

"ESPAZO LIBRE DE MACHISMO"

As nenas e nenos deste cole comprometémonos a:

  • Tratar a todas as nenas e nenos por igual sen discriminar a ninguén por causa do seu sexo.
  • Estaremos atentas e atentos e contaremos á nosa titora ou titor calquera trato desigual que poida sufrir algunha das nosas compañeiras por causa do machismo e trataremos de darlle unha resposta entre todas e todos.
  • Comprometémonos a axudar na casa para que as tarefas do fogar sexan compartidas por todas as persoas que viven nelas.
  • Denunciaremos calquera actitude machista que vexamos no noso cole e tamén avisaremos á nosa titora ou titor.

Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se di que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos a nosa escola:

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO

Os alumnos de Secundaria tamén leron o seu manifesto:

Tamén nós nos comprometemos, deste xeito, a estar atentas e atentos para garantir os dereitos e liberdades das compañeiras e compañeiros que formamos parte deste centro.

Nomeadamente, a partir de hoxe, denunciaremos calquera situación de trato desigual ou vexatorio que poidan sufrir as nosas compañeiras, facéndollo saber á nosa titora ou titor. Do mesmo xeito non toleraremos ningunha actitude machista na nosa aula e trataremos de dar unha resposta conxunta para eliminar calquera tipo de comportamento machista no noso centro.

Dende a nosa xuventude e ilusión queremos aportar a nosa forza e motivación para construir unha sociedade onde non haxa diferenzas entre homes e mulleres.

Por todo isto, e porque queremos ESTUDAR nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na que se expón, no seu artigo 2, que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos oficialmente as nosas aulas e o noso centro

                            ESPAZO LIBRE DE MACHISMO



Acto 25-N 

Co mesmo motivo, dende a biblioteca preparamos unha pequena exposición de libros relacionados con esta temática para concienciar máis ao noso alumnado.


O departamento de plástica en inglés fixo un mural 


O xoves 24 de Novembro visitounos, na Biblioteca do CPI Pontecesures, María Pérez, do grupo Fillas de Cassandra.
O alumnado de 4° e 5° tivo a oportunidade de entrevistala e conversar con ela sobre a súa traxectoria como música e o tema 'Lisístrata', traballado nas aulas de múica de Primaria con motivo do 25N.
Finalmente, María puido ver a coreografía que os nenos e nenas de 5° tiñan preparada para o día seguinte, no que actuaron trala lectura do manifesto do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O venres 25 xuntámonos todo o alumnado de EI, EP e a ESO para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Trala lectura do manifesto, onde declaramos o noso centro ESPAZO LIBRE DE MACHISMO, a aula de 5º agasallounos coa súa coreografía sobre "Lisístrata", para varrer fóra das nosas vidas toda a violencia.








No hay comentarios:

Publicar un comentario